Esta xornada xogamos en Santiago, pero non en casa
A mañan do martes día 08 de marzo, chegounos un comunicado vía correo electrónico dende a Concellería de Deportes do Concello de Santiago, que o partido que xogamos nesta fin de semana contra O Parrulo “B” correspondente á xornada 24 non se xogará na nosa casa, o pavillón de Santa Isabel, senón que será no pavillón do Restollal.
Esta situación é perxudicial para o nós, non só polos motivos deportivos que afectan á nosa plantilla ao cambiar a nosa pista habitual por un pavillón diferente nesta recta final da tempada. Senón que tamén, polos problemas e malestar xerados para a nosa afección co cambio realizado. En relación a isto, pedimos desculpas á afección por non poder facer nada para evitar esta situación.
Non obstante, esta decisión da Concellería non nos chega por sorpresa. De forma inédita en dez anos, o club aínda non pudo recibir a subvención do ano 2021. Algo que lastra ao club de forma gravísima de cara a xestión deportiva durante a presente tempada. Lamentamos profundamente que se den estas situacións sendo o Santiago Futsal un dos equipos con maior percorrido deportivo e histórico da cidade de Compostela, e lamentamos tamén o trato que recibe o deporte do fútbol sala por parte da Concellería.
Sergio Buján deixa de ser xogador do Santiago Futsal
O Santiago Futsal e Sergio Buján chegaron a un acordo para finalizar a súa relación profesional.
O club agradecalle a Buján os servizos prestados durante esta tempada e agarda que os camiños de ambas partes se volvan a xuntar no futuro.
Moitas grazas e moita sorte no teu futuro, Sergio!
Simón Brandón, un pívot que volve a casa
Simón Brandón
nova fichaxe do Santiago Futsal.
Nacido no
ano 1991, o pívot chega libre ao noso club. Simón creceu nas categorías base do noso equipo, pasou polo filial noutra etapa da súa carreira dous anos. Ademais, foi campión da 2ªB co Noia FS, pasando tamén por equipos como A Estrada e o Stellae. Chega coas gañas de poder axudar ao equipo a conseguir o ascenso.
Álvaro Pereiro, reforzo de inverno para o Santiago Futsal
Álvaro Pereiro é a
nova fichaxe do Santiago Futsal.
Nacido no
ano 2000, o ala-cierre chega
procedente do Noia FS "B". Álvaro é un jugador atrevido que se move moi ben entre líneas. O xogador chega para reforzar ó equipo ata final de tempada.
O mellor está por chegar: campaña de abonados segunda parte 2021/22
O Santiago Futsal abre este martes 25 de xaneiro a segunda parte da campaña de abonados. Despois dunha gran primeira volta na que resultamos campións de inverno, o noso equipo afronta a segunda volta da tempada coa ilusión reforzada, unha ilusión que queremos transmitir á bancada a través dos seguintes prezos.
Queremos conseguir o máximo apoio ao equipo nos partidos que xogamos de local nesta recta de final de tempada para tratar de acadar o ascenso de categoría todos xuntos.PRECIOS
- Tarifa Adulto: 25€
- Taifa Xubilado/a | Parado/a | Estudiante: 15€
- Xuvenil (14 a 17): 10€
- Infantil (Menores de 13): GRATIS
- X17 | Cidade de Narón | data sen confirmar
-
X18 | Racing Mieres | 30 de xaneiro
-
X20 | IES Coruxo FS | 12 de febreiro
-
X22 | Sala Ourense | 26 de febreiro
-
X24 | O Parrulo "B" | 12 de marzo
-
X26 | Albense FS | 26 de marzo
-
X28 | Universidad Valladolid | 23 de abril
-
X30 | O Esteo FS | 07 de maio
No próximo partido que xogamos en casa, podes pasarte antes do partido a completar o teu abono e abonar o pago do mesmo. Para calquera duda ou consulta sobre o mesmo, podes poñerte en contacto co club polo correo electrónico (DGeneral@santiagofutsal.com) ou por mensaxe directo nas nosas redes sociais de Twitter e Instagram.
Actualización medidas COVID-19
Hoxe a Xunta de Galicia publicou no DOG novas medidas para combatir a COVID-19.
Debes coñecer o seguinte para poder acceder a Santa Isabel nos nosos próximos partidos. Para acceder ao pavillón deberás amosar na porta de acceso:
- Certificado coa pauta completa de vacinación.
- Proba negativa dunha PCR (72 horas) ou unha proba de antíxenos (48 horas).
Ou tamén:
- Ter pasada a infección nos últimos 6 meses.
Estas medidas aféctanlle a todos os maiores de 12 anos e terán efecto "ata as 00:00 horas do día 18 de xaneiro de 2022". Podes consultar a orde completa do 14 de decembro no seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211217/AnuncioC3K1-151221-1_es.html
Volta o Campus de Nadal do Santiago Futsal!
Xa podes apuntarte ao Campus de Nadal que organiza o Santiago Futsal no pavillón municipal de Santiago de Compostela.
- Terá lugar os días 3, 4 e 5 de xaneiro.
- Horario das 09:30 ás 14:00.
- Para rapaces nados entre os anos 2006 e 2017.
- As inscripcións pódense facer na seguinte ligazón: https://www.inscribirme.com/campusnadalsantiagofutsal1
Para o club é un orgullo recuperar este campus 4 anos despois para poder disfrutar do noso deporte entre rapaces e monitores. O campus terá unha duración de tres días, entre o 3 e o 5 de xaneiro, e será en horario matinal. Nel recibiremos moitas sorpresas. O prezo será de 35 euros (primeiro irmán) e 25 euros (segundo irmán) para os socios do club. Os que non sexan socios do club terán o prezo de 45 euros (primeiro irmán) e 35 euros (segundo irmán).
Para solucionar calquera dúbida, pódese contactar co club a través do correo electrónico: dxeneral@santiagofutsal.com
#RetornoÁsOrixes: campaña de abonados 2021/22
El Santiago Futsal abre este luns 06 de setembro a súa campaña de abonados. A campaña deste ano busca retomar a ilusión da afección herdeira revivindo as orixes históricas do club, orixes que o levaron a converterse no equipo máis importante da historia do futsal galego.
O retorno a Segunda B tomámolo como unha oportunidade de volver a crecer dende cero, co apoio da nosa afección e demostrando porque somos o club da loita.PRECIOS
Tarifa Adulto: 50€
Taifa Xubilado/a | Parado/a | Estudiante: 30€
Xuvenil (14 a 17): 15€
Infantil (Menores de 13): GRATIS
Para renovar o abono o club facilitará a través da súa web e das súas redes sociais aos seus afeccionados un enlace (https://www.inscribirme.com/campanaabonadostempada20212022santiagofutsal1) no que se poderá tramitar de forma sinxela unha pre-renovación do carnet dende calquera dispoisitivo con acceso a internet. Unha vez feito este paso, o abonado poderá recoller o carnet e formalizar o pago nas oficinas do club no Multiusos Fontes do Sar de martes a xoves con horario de 17:30 a 20:00. Dende o Santiago Futsal tamén ofrecemos a posibilidade de tramitar a renovación presencialmente nas oficinas del club nos días e horario descritos.
Coa mellora da situación sanitaria no noso país, as restriccións de aforo a día de hoxe son moito máis relaxadas, non obstante a situación podería mudar nos próximos meses. Por suposto, o club da man do Concello de Santiago garantizará que o Pavillón Municipal de Santa Isabel sexa un espacio seguro establecendo protocolos de acceso que incluen, entre outras medidas: a toma de temperatura, rexistros de entrada, postos de xel hidroalcólico, ventilación adecuada, desinfección previa, etc...
No caso de non poder ter público nalgunha xornada da tempada 2021/22, o custo do abono será considerado como unha colaboración e axuda ao Santiago Futsal, non devolvéndolle ao abonado o seu importe.
Quintás seguirá a próxima tempada
O Santiago Futsal segue completando o seu plantel de cara á tempada 2021/22.
Diego Pérez nova fichaxe do Santiago Futsal
Diego Pérez é a nova fichaxe do Santiago Futsal para a próxima tempada 2021-2022.
Nacido en Noia no ano 1999, o ala chega procedente do Noia FS, club onde estaba adestrando co primeiro equipo e xogando co filial. Diego tamén pasou pola canteira do Santiago Futsal chegando a ser adestrado por David.
Diego Pérez, con gañas de comezar esta nova etapa no club, defínese como: “un xogador atrevido, que se sacrifica polo equipo e tamén como un bo defensor”.
Javi López continuará no Santiago Futsal
Javi López continuará na disciplina do Santiago Futsal a próxima tempada.
Nada máis comezar a pretempada 2020/21 tivemos que anunciar a noticia da grave lesión de Javi. As probas médicas indicaran que o coruñés tiña rotos o ligamento cruzado anterior e o menisco externo do seu xeonllo dereito. Esta lesión deixouno fóra das pistas ata o último partido de liga no que acumulou uns poucos minutos.
Esta tempada preséntase como unha nova oportunidade de presentarse ante a afección e demostrar o moito que sabe facer no 40x20.
Sergio Buján terceiro reforzo do Santiago Futsal
Sergio Buján é o terceiro reforzo do club herdeiro para a próxima tempada 2021-2022.
Nacido na Coruña no ano 1991, o ala chega
procedente do Cidade de Narón FS. O xogador debutou en categoría senior sendo xuvenil da man de Chipi no Mera FS, club no que xogou tres tempadas. Tras un breve paso polo filial do noso club, chegou a súa primeira etapa no Cidade de Narón onde gañou dúas ligas de 2ªB conseguindo na segunda o ascenso a 2ªA. O xogador pasou tamén polo 5 Coruña.
Buján, ilusionado co novo proxecto, defínese como: “un xogador de equipo, intelixente tácticamente, con bo trato do balón e boa calidade de pase e moi competitivo”
Pleno de negativos nos test de antíxenos
O resultado foi de pleno negativo para todo o plantel, que puido comezar a pretempada con normalidade.
O capitán Dani Blanco cumprirá a súa décima tempada no club
Dani Blanco renova o seu contrato co Santiago Futsal e seguirá a próxima tempada no Santiago Futsal.
O xogador de Rarís vai comezar o seu décimo curso no Santiago Futsal, equipo no que se formou en categorías inferiores e no que hoxe loce o brazalete de capitán.
Dani Blanco é un xogador que representa por completo os valores do noso equipo e que comparte un vínculo especial coa afección. Tanto club como xogador están ilusionados polo que nos depara a nova tempada.
Antón Arnejo novo xogador do Santiago Futsal
Antón Arnejo é o segundo reforzo do club herdeiro para a próxima tempada 2021-2022.
Nacido en Santiago de Compostela no ano 1998, o ala zurdo chega procedente do filial do Noia FS. Anteriormente pasou polo Alto do Vento e polas categorías inferiores do noso equipo, onde estivo catro tempadas, chegando a adestrar co primeiro equipo na última tempada.
Antón defínese como: “un xogador con bo un contra un, que destaca polo seu golpeo con perna esquerda e a intensidade en labores defensivas”
Santiago Futsal e Alto do Vento asinan un acordo de afiliación
O Santiago Futsal e o Alto do Vento Fútbol Sala asinaron un acordo de colaboración para a próxima tempada 2021-22. Coa firma de ambos presidentes, os equipos máis representativos do fútbol sala na cidade selan un camiño conxunto no que se traballará o impulso da práctica deportiva entre a xuventude, así como a progresión de futbolistas e técnicos.
Este acordo permite ao Santiago Futsal ter unha opción preferente sobre aqueles xogadores con maior progresión no Alto do Vento FS. Estes poderán seguir así avanzando na súa formación futbolística. Por outra parte, os xogadores do Santiago Futsal que rematen o seu percorrido polas categorías inferiores sen poder acceder ao primeiro equipo, contarán coa alternativa de xogar para o primeiro equipo do Alto do Vento FS. Ambos clubs colaborarán na cesión de xogadores para intentar axudarse mutuamente e cumprir os obxectivos marcados.
De igual maneira, os adestradores e xogadores das categorías inferiores do Alto do Vento FS poderán participar nos programas impulsados polo Santiago Futsal coas mesmas condicións que os membros da entidade herdeira, como por exemplo, no programa de formación de técnicos, o Clínic ou Campus de Verán e Nadal.
Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto de canteira e de cidade do Santiago futsal, que busca o crecemento da entidade apostando pola canteira da nosa terra.
Brais seguirá defendendo a meta do Santiago Futsal

Brais García, renova a súa relación contractual co Santiago Futsal e cumprirá a súa terceira tempada no club.
O porteiro é un seguro baixo paos e demostrou ser un dos mellores porteiros da categoría a tempada pasada. A súa renovación é un paso importante para o club neste novo proxecto.
Chipi novo adestrador do Santiago Futsal

O adestrador José Carlos Martín "Chipi" dirixirá ao Santiago Futsal a próxima tempada en Segunda División B.
BKA Sport vestirá ao Santiago Futsal
O club entende este acordo como unha oportunidade para medrar e procurar novas metas deportivas no seu futuro. Nas próximas semanas presentaranse as novas equipacións para a tempada 2021/22.
Pablo Villaseñor, o primeiro reforzo.
Pablo Villaseñor convértese na primeira fichaxe do club da loita para a próxima campaña 2021-2022.
Nacido en
Corral de Almalaguer
(Toledo) no ano 1996, o ala – pívot
chega procedente do Torrejón Sala, na súa traxectoria conta con ampla experiencia na Segunda B. Entre os logros da súa carreira destacan dúas ligas de bronce co Rivas e un ascenso a segunda división.
O xogador móstrase ilusionado con esta nova etapa no Santiago Fútsal, defínese como: “un ala - pívot cun bo un contra un, que destaca polo seu trato de balón e a boa calidade de pase”