• Español
  • Galego
  • Inicio
  • Noticias
  • Equipos
    • 2ª División
    • A nosa Base
  • Galería
    • Liga
    • Eventos
  • Abónate
  • Colaboradores
    • Base
  • Contacto

O Santiago Futsal fai público o calendario electoral para a elección de nova directiva

mayo 5, 2021 at 10:33 , No hay comentarios

O club santiagués fai públicos os prazos e datas do proceso electoral que se iniciou o xoves 29 de abril coa comunicación dos mesmos aos socios

-          Presentación de Candidaturas: Desde o día 2 de maio ao 12 de maio

-          Publicación candidaturas: O día 13 de maio na páxina do club farase a publicación das candidaturas. Para o suposto de existir só unha candidatura, procederase á proclamación da mesma, quedando finalizado o proceso electoral.

-          Período de reclamacións a candidaturas: En caso de reclamación procederase a formular no prazo de dous días desde o fin do prazo de presentación.

-          Publicación de candidaturas definitivas: O día 16 de maio publicaranse as candidaturas definitivas para o suposto de existir reclamacións.

-          Xornada de votacións: O día 21 de maio procederase á celebración das votacións na asemblea xeral extraordinaria que se convocará a ese efecto e que se desenvolverá ese día ás cinco da tarde no lugar que determine a xunta electoral. A forma de votación será a man alzada ou secreta, segundo o acordado na propia Asemblea

-          Proclamación candidatura: Ao finalizar a Asemblea e o reconto procederase a proclamar a candidatura.

-          Proclamación candidatura definitiva: En caso de reclamación procederase a resolver pola propia Xunta Electoral no prazo de dous días, e con iso finalizarase o procedemento, procedéndose á proclamación da candidatura definitiva.

-          A Xunta Electoral estará composta polos seguintes Socios, que non poderán ir en candidatura algunha:

o   Presidenta: Maica Añón Vázquez

o   Secretario: Miguel Fernández Álvarez 

No hay comentarios

Responder







Entradas recientes

  • Esta xornada xogamos en Santiago, pero non en casa
    10 mar, 2022
  • Sergio Buján deixa de ser xogador do Santiago Futsal
    28 feb, 2022
  • Simón Brandón, un pívot que volve a casa
    11 feb, 2022
  • Álvaro Pereiro, reforzo de inverno para o Santiago Futsal
    7 feb, 2022
  • O mellor está por chegar: campaña de abonados segunda parte 2021/22
    24 ene, 2022
  • Actualización medidas COVID-19
    17 dic, 2021
  • Volta o Campus de Nadal do Santiago Futsal!
    7 dic, 2021