Volta o Campus de Nadal do Santiago Futsal!
diciembre 7, 2021 at 9:43 ,
1 comentario
Xa podes apuntarte ao Campus de Nadal que organiza o Santiago Futsal no pavillón municipal de Santiago de Compostela.
- Terá lugar os días 3, 4 e 5 de xaneiro.
- Horario das 09:30 ás 14:00.
- Para rapaces nados entre os anos 2006 e 2017.
- As inscripcións pódense facer na seguinte ligazón: https://www.inscribirme.com/campusnadalsantiagofutsal1
Para o club é un orgullo recuperar este campus 4 anos despois para poder disfrutar do noso deporte entre rapaces e monitores. O campus terá unha duración de tres días, entre o 3 e o 5 de xaneiro, e será en horario matinal. Nel recibiremos moitas sorpresas. O prezo será de 35 euros (primeiro irmán) e 25 euros (segundo irmán) para os socios do club. Os que non sexan socios do club terán o prezo de 45 euros (primeiro irmán) e 35 euros (segundo irmán).
Para solucionar calquera dúbida, pódese contactar co club a través do correo electrónico: dxeneral@santiagofutsal.com
Nos queriamos facer socios para a segunda parte da temporada, serial un neno: Hugo Iglesias Costoya e seu pai: Rafael Iglesias Bello, le vamos moitos anos sendo socios.
Saudos