• Español
  • Galego
  • Inicio
  • Noticias
  • Equipos
    • 2ª División
    • A nosa Base
  • Galería
    • Liga
    • Eventos
  • Abónate
  • Colaboradores
    • Base
  • Contacto

Grazas afección!

mayo 31, 2022 at 12:00 , No hay comentarios

O Santiago Futsal quere mostrar o seu agradecemento a nosa afección que acudiu o pasado sábado a ida do partido contra o Futsal Mataró para amosar o seu apoio ó equipo. Dende o quecemento ata o final do encontro. Os xogadores recibiron o cariño o calor da xente que estivo nas bancadas de Santa Isabel, o noso pavillón viviu de novo unha das grandes citas que fan homenaxe a historia desta entidade.

O club está orgulloso de todos os afeccionados que ao longo da tempada mostraron o seu respaldo incondicional en cada partido. Temos que agradecer en particular a nosa peña Herdeiros do Sar, eles foron o corazón que bombeou o sangue do noso equipo nos momentos máis cruciais do partido. O espectacular ambiente que se respirou non sería posible sen os vosos berros dende a bancada.

Agora queda o paso máis difícil que é rematar o traballo o próximo sábado no Pavelló Municipal Teresa María Roca. Agardamos voltar con boas novas e poder vivir outro partido histórico na nosa casa convosco.


No hay comentarios

Responder







Entradas recientes

  • Comunicado oficial: día do club
    7 jun, 2022
  • Fresco y del Mar: novo patrocinador do club
    31 may, 2022
  • Grazas afección!
    31 may, 2022
  • Esta xornada xogamos en Santiago, pero non en casa
    10 mar, 2022
  • Sergio Buján deixa de ser xogador do Santiago Futsal
    28 feb, 2022
  • Simón Brandón, un pívot que volve a casa
    11 feb, 2022
  • Álvaro Pereiro, reforzo de inverno para o Santiago Futsal
    7 feb, 2022