Comunicado oficial: día do club
O Santiago Futsal está ante unha oportunidade única de acadar un ascenso histórico. Despois dun sorteo sumamente irregular, a Real Federación Español de Fútbol decidiu que o último obstáculo que nos separe de facer historia, sexa o Imperial Club Deportivo. Este fin de semana xógamos a ida na casa (19h, Santa Isabel), onde o equipo precisa do voso apoio para sacar un bo resultado, e encarar o partido de volta en Murcia coas mellores garantías posibles.
O elevado custo do desprazamento, ligada a delicada situación pola que atravesa a nosa entidade obríganos a tomar unha medida que non nos gustaría ter que tomar, que é declarar o partido de ida como día do club para poder sufragar os custos do citado viaxe a Murcia a vindeira semana. Polo tanto, as entradas terán un custo de 5€ para abonados, e 10€ para o público xeral.
Pódense mercar de maneira anticipada o venres, nas oficinas do club (no Multiusos de Sar, con horario de 10h a 14h), e tamén antes do partido, dende ás 18h, na entrada do noso pavillón de Santa Isabel. Temos unha gran ilusión por ver de novo Santa Isabel cheo, cremos que estamos ás portas de facer algo realmente histórico, e a cidade de Santiago será testemuña disto.