Vitoria de mérito para rematar a primeira fase
O JERUBEX Santiago Futsal viaxaba a Rivas na última xornada desta primeira fase da competición co obxectivo de sumar tres puntos que lle permitisen comezar a nova etapa con bo pé, e así foi.
O partido comezou cun gol temperán aos 10 segundos de Vargas, tras recuperar o saque de inicio dos galegos. Os de Santiago reaccionaron con oportunidades de Cristian e Álex Ares, pero Quiles desviou á esquina en ambos os casos. Os visitantes apertaron máis e, tras unha parede con Brian, Quintás empatou o partido no minuto 4.
Despois dun intercambio de golpes, nos que a posesión non duraba moito a ningún dos conxuntos, consumouse a remontada aos 8 minutos grazas a Porto cun gran golpeo desde a esquerda que se coou pola escuadra rival. Tan só dous minutos despois ampliaríase a diferenza con outro gol de Cristian Bernal, ao superar a Quiles no un para un polo lado dereito do porteiro.
Tras o tempo morto solicitado polos de Rivas, os locais comezaron manter a iniciativa. Tentaron achegarse a través de Rubio no 15, pero entre Brais e o pau conseguiron desfacer o perigo. Vargas, de novo no 17 e tras unha boa xogada persoal, recortou no marcador e puxo o 2-3 co que o partido se foi ao descanso.
A segunda metade iniciouse con máis goles, pero esta vez dos visitantes. Cristian Bernal escapouse en solitario e marcou o seu segundo da tarde, esta vez polo pau curto. Case sen tempo a reaccionar Álex Ares recuperou un balón na área rival e puxo o quinto e último dos de Santiago no 23.
A partir dese momento os locais tomaron o mando do partido con respecto á posesión. Rivas repúxose a este último tanto cando Hugo devolveu a xogada dous minuto despois, quedando de novo a dous de distancia no 25. No 28 sacaron ao seu porteiro xogador, tocando con calma para buscar un oco que lles permitise engancharse ao partido.
A gran defensa de 5 para 4 dos galegos, que durante case 10 minutos aguantou o asedio rival, non deixaba opción e os locais cada vez eran máis imprecisos. Cando se chegou ao minuto 40, case sen ocasións reseñables para os madrileños, o luminoso marcou un 3-5 que lle dá ao JERUBEX Santiago Futsal un triunfo co que finaliza esta primeira fase de competición.
David Rial comentou sobre o partido que “a liña do equipo era ascendente,
reflectíndose na semana de adestramentos como comentaramos, e fixemos un bo
partido, sendo xustos vencedores e certificando esas boas sensacións. Os
encontros como hoxe permítennos seguir crendo no traballo que estamos a
realizar día a día, e temos que manter a liña para seguir puntuando e
crecendo”.
CD Rivas: J. Quiles, Alberto, Vargas, Rafita, Ballano, Miguel Rubio, Miguel, Hugo, Chinés, Cifu, Adri Oro, Rubén.
JERUBEX Santiago Futsal: Brais García, Alberto Mirás, Brian Niebla, Porto, Álex Ares, Cristian, Dani Blanco, Matos, Lucho, P. Liñeira, Alán, Quintás.
Goles:
Min 01. 1-0 – Vargas
Min 04. 1-1 - Quintás
Min 08. 1-2 – Porto
Min 11. 1-3 - Cristian Bernal
Min 17. 2-3 - Vargas
Min 21. 2-4 - Cristian Bernal
Min 23. 2-5 - Álex Ares
Min 25. 3-5 -
Hugo
Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal
Os santiagueses disputarán mañá ás 18:00 en Parque Sur o seu último partido da primeira fase desta competición. Cun rival que se atopa inmediatamente por encima na clasificación e que vén de empatar contra o Atlético Benavente como local o pasado sábado 13, os galegos buscarán sumar tres puntos cos que finalizar esta etapa e encarar a nova con forzas renovadas.
Nesta xornada, que será con horario unificado, fixaranse as prazas para os dous novos grupos que se formarán e nos que se decidirán os candidatos para o ascenso e descenso de categoría.
David Rial contará con todo o persoal salvo Javi López, e buscará como visitante unha vitoria que se lle resistiu na ida, ao caer os galegos por 0-2 na pasada xornada 7.
O adestrador dos composteláns comentou na rolda de prensa previa ao partido que “ tiñamos ganas de volver competir despois do parón da semana pasada. O equipo está a adestrar a un nivel moi alto, é o mellor momento da tempada en canto ao esforzo e dinámica de sesións. Necesitamos referendar isto con puntos o sábado para chegar con boas sensacións á segunda fase e poñeremos todo da nosa parte para que así sexa“.
O equipo viaxará no día, saíndo do Multiusos Fontes do Sar este sábado ás 8 e tendo a volta programada
para inmediatamente despois de finalizar o partido. O encontro poderase seguir
a través da canle de Youtube do equipo local.
Derrota ante o líder do JERUBEX Santiago Futsal.

O JERUBEX Santiago Futsal e o Noia P.A chegaban a este partido da décimo terceira xornada da Segunda División da LNFS en posicións moi distintas, pero ambos coa decisión de levar este enfrontamento entre equipos galegos.
O partido prometía intensidade como de este tipo de encontros se espera, e así foi. Comezou o Santiago coas primeiras ocasións da man de Brian, probando desde a distancia, e Lluc para Noia.
A posesión repartíase entre ambos os conxuntos, ningún sen ocasións moi definidas debido á gran defensa por parte de ambos. Cristian e Porto puxeron o perigo para Santiago, sendo Pirata o que mandou un balón ao pau para os visitantes no minuto 10.
Tivo que ser Diz o que estreou en marcador no minuto 16, tras conectar un pase longo que coou na portería de Brais. Nos catro últimos minutos da primeira parte o partido non cambiou de dinámica pese ao gol, tendo Alán unha oportunidade clara cun disparo que fixo estirarse ao meta de Noia.
Tras o descanso, o partido seguiu cun ritmo alto, pero sen dominador claro. Alán e Pirata puxeron as oportunidades, pero foi o segundo o que ampliou distancias para o seu equipo ao aproveitar unha xogada de estratexia ao bordo da área dos de Santiago.
O balón seguiu con pouca pausa, con xogadas frenéticas por parte de ambos os conxuntos que rara vez se materializaban en ocasións claras de gol. Lluc no 33 puido poñer o terceiro, pero o balón estrelouse no pau.
Faltando 5 minutos para o final os dous adestradores sacaron ao seu porteiro xogador, uns para manter a posesión e outros para ter oportunidades de recortar no luminoso. Cristian mandou ao pau un balón que puido significar o primeiro dos brancos, pero a bucina soou marcando o final pouco despois e deixou o partido no 0-2 final.
Ao finalizar o encontro, o técnico galego David Rial comentou en rolda de
prensa que ”competimos moi ben contra o mellor equipo da categoría. No
principio fomos mesmo mellores, tendo o balón con certa tranquilidade e con
oportunidades para poñernos por diante no marcador. A partir de aí sufrimos
algo máis, pero seguimos na mesma liña de non deixar de crer, de tentalo sempre
a pesar das adversidades. É de admirar o que facemos fin de semana tras fin de
semana e seguiremos tentándoo ata o último día e con esta actitude sacaremos
puntos pronto”
JERUBEX Santiago Futsal: Brais, Alberto Mirás, Brian Niebla, Cristian, Matos, Lucho, P. Liñeira, Alán, Quintás, Porto, Álex Áres.
Noia P.A. : Álex Pérez, Asensio, Javaloy, Palmas, Pope, Naranjo, Armando, Lluc, Raggiati, Rangel, Rivera ,Diz, Luisma, Pirata.
Goles:
Min 16. 0-1 – Diz
Min 26. 0-2 – Pirata
Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.
Co seu terceiro partido en 7
días, os galegos reciben ao líder a clasificación en Santa Isabel nun encontro
que se celebrará a porta pechada este sábado día 6 ás 19:00.
Despois de dous longos desprazamentos en autobús a Móstoles e Talavera, o penúltimo partido desta primeira fase da Segunda División da LNFS enfrontará ao JERUBEX Santiago Futsal e ao Noia Portus Apostoli, no seu terceiro enfrontamento desde outubro e que se retransmitirá a través da canle de Youtube do club.
Os santiagueses buscarán sumar puntos coa vista posta no que será o último partido como local desta primeira quenda de enfrontamentos do subgrupo 2, ante un Noia P.A. que unicamente perdeu un choque no que vai de campionato.
Sobre o encontro David Rial , que contará con todos os seus homes dispoñibles excepto Javi López por lesión e Dani Blanco por expulsión no último partido contra Talavera FS, comentou que “estamos nunha situación complicada, pero a pesar de todo o equipo está a dar a cara. Creo que os nosos tres últimos partidos son o reflexo dun equipo que non se rende e que independentemente das circustancias déixao todo por moi difíciles que se poñan as cousas. Estou convencido de que nese camiño seguiremos e pronto transformaremos en puntos esta actitude.”
“Con respecto ao partido
enfrontámonos ao mellor equipo da categoría, así o din os números e o xogo,
creo que despois do visto é o claro favorito a todo, pero a nós non nos ten que
importar quen estea diante, hai que sumar xoguemos contra quen xogue” comentou
o adestrador santiagués.
Gran esforzo sen recompensa para os santiagueses
(foto: Antonio Á.Torres)
O equipo santiagués chegaba a Talavera co seu segundo longo viaxe en menos de catro días, co obxectivo de volver sumar como visitantes despois do punto conseguido en Móstoles o pasado sábado. Terían enfronte unha misión complicada, ante un Talavera FS que buscaba escalar postos na clasificación nesta cuarta xornada que foi aprazada pola pandemia.
O partido comezou cos de Talavera mantendo a posesión nos primeiros minutos, pero foi Brian o que tivo as dúas primeiras ocasións para os de Santiago con dous zurdazos.
Os galegos chegaban con máis frecuencia, con Porto probando desde a distancia, e cunha presión alta que incomodaba aos seus rivais. Con todo foi Anass, despois dunha boa xogada individual na banda esquerda, o que estreou o marcador no minuto 11.
Case sen poder repoñerse, e tan só tres minutos despois, Caamaño marcaba o segundo cunha gran volea continuando un bo pase desde a esquina. Cristian buscou recortar distancias cun bo tiro ao primeiro pau, pero de novo os locais golpearon nunha contra a través de Buitre no 18, levando o marcador ao 3-0 ao descanso no primeiro de Maio.
Co inicio da segunda metade os de Talavera apertaron a saída de balón rival, causando dificultades aos brancos, que non lograban conectar co seu pivot en pista a través de pases longos. Matos, no minuto 26, realizou unha condución coa que asistiu a Alberto Mirás, e que coou entre as pernas de Luque o 3-1 achegando aos galegos.
Aproveitando o empuxón o Santiago saíu no 28 con porteiro xogador, co que Brian e Cristian tiveron boas ocasións para achegarse máis aínda. O cronómetro seguía correndo e Santiago dominaba a posesión, pero non era capaz de volver marcar na meta rival ata que Álex Ares puxo o 3-2 tras recoller un rexeite dentro da área.
Dani Blanco viu a súa segunda amarela ao cortar un contragolpe no 36, o que condicionou a progresión que estaban a ter os visitantes e condenoulles a xogar os últimos minutos en inferioridade, afastándoos de sumar puntos.
O adestrador David Rial comentou
tras o partido que “ en liñas xerais merecemos máis. Saíron con máis ritmo que
nós, pero despois dos catro primeiros minutos igualámolo, chegando a xerar
ocasións que nos puideron poñer por diante. Condicionáronnos os dous goles
seguidos que encaixamos, pero a segunda parte é digna de encomiar para o
equipo. Sabemos que é unha situación complexa, pero hoxe demos a cara, crendo e
tentándoo ata o final, debemos de quedarnos con esa sensación e continuar
traballando para mellorar”.
FS Talavera: Iker, Nacho, Rafa Luque, Andrés, Asensio, Anass, Caamaño, Juanma, Peli, Pepe, Sergio, Blecua,Buitre, Hicham, Kike, Manu Cebrián.
JERUBEX Santiago Futsal: Brais, Alberto Mirás, Brian Niebla, Porto, Álex Ares, Cristian, Dani Blanco, Matos, P. Liñeira, Alán, Quintás.
Goles:
Min 11. 1-0 – Anass
Min 14. 2-0 – Caamaño
Min 18. 3-0 - Buitre
Min 26. 3-1 – Alberto Mirás
Min 35. 3-2 – Alex Áres
Previa: FS Talavera vs JERUBEX Santiago Futsal
Os galegos comezan hoxe unha semana máis completa do habitual, ao disputar dous partidos ligueiros. O primeiro deles enfrontaralles a Soliss FS Talavera, último rival ao que se enfrontaron como locais o pasado 23 de xaneiro e que servirá para recuperar a cuarta xornada da Segunda División da LNFS, aprazada no seu momento por COVID-19.
Despois de conseguir un traballado punto fai tan só dous días na pista do Móstoles FS, os de David Rial chegan ao partido con ganas de reafirmar esa dinámica positiva que lles permita sumar puntos para a próxima fase que comezará a última fin de semana de leste mesmo mes.
O equipo volverá tomar o autobús por segunda vez en catro días este martes ás 7 da mañá, saíndo desde o Multiusos Fontes do Sar en dirección Talavera. Despois de 8 horas de viaxe, saltará á pista ás 21 horas no Primeiro de Maio, , coa súa retransmisión por streaming todavía pendente de confirmación.
O adestrador dos locais comentou sobre o partido que “ é unha boa oportunidade para reafirmar as sensacións positivas que conseguimos en en os últimos dous partidos. Temos moi recente o encontro da ida e sabemos o tipo de partido que nos convén para poder sacar os tres puntos”.
Traballado punto do JERUBEX Santiago Futsal en Móstoles
O JERUBEX Santiago Futsal viaxaba este sábado a Móstoles para disputar o seu partido da doceava xornada da Segunda División da LNFS. Os galegos chegaban coa intención de sumar puntos no PM Villafontana contra un rival no que perderan en Santa Isabel por 1-3.
Co asubío inicial os de Santiago puxeron a proba a Recio con dous disparos seguidos de Quintás e Álex Ares. O FS Móstoles contestou mantendo a posesión de balón nos primeiros minutos, nos que houbo poucas ocasións rivais e Brian puido desequilibrar o marcador con dous golpeos na mesma xogada.
Ao Santiago custáballe saír co balón controlado, pero defendía ben a circulación de balón dos locais. A partir do minuto 10 o Móstoles tivo ocasións máis claras, cun Brais impecable que non permitía que se movese o resultado.
Con 15 minutos disputados o Santiago chegou ás súas 5 faltas, subindo un pouco a velocidade do partido e condicionando a defensa dos visitantes. Os galegos aproveitaron a súa oportunidade no minuto 18, cando Dani Blanco rescatou un pase longo, fixo un chapeu a Recio e puxo o 0-1 no marcador. Guille estivo a piques de mandar o partido en empate ao descanso, pero o pau evitouno para a alegría dos visitantes.
A segunda metade comezou con presión alta de Móstoles e a intención de darlle a volta ao marcador. No 22, tras un erro na saída de balón visitante, Ruiz puxo o 1-1 tras bater a Brais. Tras ese resultado Móstoles tomou de novo a inciativa, con outro balón ao traveseiro no 27 de Jorge Martín.
O Santiago adiantou a súa presión co fin de tentar roubar en campo alleo a partir do minuto 30, pero unha falta ao bordo da área terminou por darlle a volta ao marcador cun gol de Carlos despois dunha xogada de estratexia.
A velocidade do partido multiplicouse, cos galegos presionando con empeño e defendendo os ataques dos seus adversarios e os de David Rial buscaron un empate que chegaría grazas a Alán no minuto 37 despois dun gran golpeo.
O partido tivo uns últimos minutos de infarto, con Móstoles apurando ao máximo as súas opcións de gañar e uns santiagueses que sacaron ao seu porteiro xogador, tendo Cristian unha boa oportunidade para a vitoria a un segundo para o final que lamentablemente non puido subir ao marcador.
“ Sabiamos que ía ser un partido
igualado e así foi. Ao principio da segunda parte sufrimos, pero as sensacións
do equipo son cada vez mellores e apuramos ata o final as opcións de gañar.
Competimos a un nivel moi alto pero temos que ser ambiciosos e empezar a sumar
de tres en tres para conseguir o obxectivo. Con esta actitude estou seguro de
que o faremos en próximos partidos” comentou o adestrador David Rial ao final
do partido.
JERUBEX Santiago Futsal: Brais, Alberto Mirás, Brian Niebla, Porto, Álex Ares, Cristian, Dani Blanco, Matos, P. Liñeira, Alán, Quintás.
Ciudad de Móstoles: Humanes, Recio, Guille, Mati, Pedro, Carlitos, Chispi,Cristian, Joni, Jorge Martín, Kiki, Pitu, Samu, Victor, Ruiz
Goles:
Min 18. 0-1 – Dani Blanco
Min 32. 2-1 - Carlos
Min 37. 2-2 – Alán
Previa: FS Móstoles vs JERUBEX Santiago Futsal
Con 4 partidos restantes para terminar a primeira fase da competición, o JERUBEX Santiago Futsal tentará sumar todos os puntos posibles para conseguir o obxectivo proposto a principio de tempada. Para iso, os santiagueses viaxan este sábado a Móstoles para enfrontarse ao terceiro clasificado da liga. Despois da súa derrota ante o Talavera FS, os de David Rial buscarán o desquite da xornada 5, onde os madrileños levaron a vitoria en Santa Isabel por 1-3.
Os brancos chegan con todo o persoal dispoñible, salvo Javi López, a un encontro contra un rival que aínda non se estreou no 2021, debido aos seus aprazamentos relacionados coa pandemia, disputando o seu último partido ligueiro antes de vacacións.
“Veñen dous partidos en catro días, o que será esixente para o grupo. Queremos manter esas boas sensacións da primeira parte contra Talavera e esirxirnos ese nivel durante 40 minutos. É un equipo ofensivo e alegre, cun xogo de 4 moi definido que xa vimos no partido da primeira volta” comentou o adestrador santiagués sobre o partido e o rival.
O equipo galego viaxará no día,
saíndo do Multiusos Fontes do Sar ás 8
da mañá do sábado en autobús. O partido celebrarase ás 18:30 no PM Villafontana,
con retransmisión en directo por Youtube a través da canle do club local. A
expedición volverá ao terminar o partido, chegando na madrugada do domingo.
Crónica: JERUBEX Santiago Futsal vs FS Talavera
Coa chegada da 11ª xornada da LNFS, os santiagueses recibían este sábado en Santa Isabel a un FS Talavera que se situaba xusto por encima da clasificación, aínda que pendentes de disputar tres partidos aprazados. Coa idea de reencamiñar a súa serie nesta campionato ligueiro, os de David Rial buscaban a primeira vitoria do ano e ante o seu público, o que sería unha xesta complicada debido ao rival que terían enfronte.
Comezou o Talavera mantendo a posesión do balón, pero foi Cristian o que tivo a primeira, cun pase de Quintás que Rafa Luque sacou como puido. Anass e Buitre puxeron a pólvora nos primeiros minutos para Talavera, pero unha gran defensa local evitaba calquera indicio de gol para os visitantes.
Eran os talaveranos os que mantiñan a pelota, vendendo os de Santiago cada metro de pista moi caro. Brais, moi seguro como sempre, tivo dúas actuacións claras, pero sen moito perigo grazas ao traballo dos seus compañeiros.
Álex Ares e Cristian buscaron abrir o marcador para os locais, pero a mellor oportunidade da primeira metade tívoa Alán, tras un roubo en campo contrario que a mala fortuna enviou ao pau de Rafa Luque. Achegándose o descanso investíronse os papeis, apertando Santiago e defendendo Talavera, pero sen chegar a estrear o marcador.
A segunda metade comezou cun disparo de Porto, avisando das intencións dos locais. Co mesmo guión que a pimera metade, neste inicio as defensas tiveron máis protagonismo que os ataques.
Cristian contestou unha dobre ocasión dos de Talavera, pero foi Alberto Mirás o que adiantou aos de Santiago ao rematar un saque de esquina no segundo pau. Pouco durou a alegría, pois Andrés conseguiu empatar dous minutos despois, no 27.
O Santiago buscou volver poñerse por diante con ocasións de Brais e Cristian, pegando este unha volea que se estrelou no pau, pero Juanma certificou a remontada no 31, ampliando Alán no 33 en propia porta tras chocar nel un pase do rival que ía cara á portería de Brais.
Santiago saíu de 5 faltando tres minutos para o final, pero non se abría oco ante un FS Talavera ben plantado. Achegándose ao final, Álex Ares volveu estrelar un balón no pau, o terceiro dos de Santiago na tarde/noite.Os minutos pasaron sen premio para os locais, deixando así o marcador no 1-3 final.
David Rial, técnico dos locais, comentou sobre o partido que “ competimos
moi ben, cunha primeira metade na que estivemos moi seguros, concedendo pouco e
podendo ampliar o resultado antes do descanso. Na segunda parte dous erros
nosos fannos encaixar e danlle a volta ao marcador, tendo nós ata 3 paus nun
encontro no que non estivemos acertados de fronte ao gol. O equipo quixo,
cambiou a cara con respecto ao fin de semana anterior e a actitude foi intachable,
aínda que non nos chegou para sumar. O camiño é longo e traballaremos para
conseguir o próximos tres puntos en Móstoles”.
JERUBEX Santiago Futsal: Brais, Alberto Mirás, Brian Niebla, Porto, Álex Ares, Cristian, Dani Blanco, Matos, P. Liñeira, Alán, Quintás.
FS Talavera: Iker, Nacho,
Rafa Luque, Andrés, Asensio, Anass, Caamaño, Juanma, Peli, Pepe, Sergio,
Blecua,Buitre, Hicham, Kike, Manu Cebrián,
Goles:
Min 25. 1-0 – Alberto Mirás
Min 27. 1-1 – Andrés
Min 31. 1-2 - Juanma
Min 33. 1-3 – Alán (p.p)
Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs FS Talavera.

Este sábado ás 17:00 en Santa Isabel dispútase unha nova xornada da Segunda División da LNFS. Despois da dura derrota en Ceuta, os xogadores do JERUBEX Santiago Futsal buscarán o desquite ante o seu público nun choque que promete ser intenso.
Os galegos reciben a un FS Talavera situado tamén na zona baixa da clasificación, aínda que estes con tres partidos menos debido a aprazamentos relacionados coa pandemia. O rival, que aínda non se estreou neste 2021, chega cun empate como o seu último resultado en 2020, nun encontro que se saldou cun 1-1 en casa do Rivas Futsal.
Os brancos chegan con necesidade de puntos a un duelo complicado, pero coa intención de sumar e poder achegarse así aos seus rivais na competición. Para iso o técnico contará con todos os seus efectivos salvo a xa coñecida baixa de Javi López, pero cun Brais que se vai reincorporando aos poucos á portería do conxunto santiagués.
O técnico David Rial analizou o partido para os medios do club comentando que “ o equipo marchou con malas sensacións de Ceuta e xa tiñamos ganas de que chegase o partido desta semana. Xogamos contra un rival que debido aos aprazamentos non puido ter continuidade na competición, e teñen un estilo de xogo moi definido e particular dentro do que existe na categoría. Nós iremos con todo para resarcirnos da imaxe do fin de semana pasado.”
Para o encontro respectaranse as medidas establecidas ata o momento, cun aforo de 250 persoas, tendo preferencia os abonados do club. Desde o club recoméndase asistir con antelación para evitar as aglomeracións na porta de entrada.
Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.
No seu segundo partido en menos dunha semana contra o mesmo rival, o JERUBEX Santiago Futsal viaxaba a Ceuta co obxectivo de resarcirse e conseguir unha vitoria que lles permitise engancharse á clasificación.
O Ceuta comezou avisando, tendo oportunidades que poñían a proba a Pedro Liñeira desde o primeiro minuto de xogo. No 4 We Casas conseguiu estrear o marcador cun disparo cruzado de lonxe grazas a un pase de Sufián.
A partir de aí o Santiago comezou a presionar no campo rival, buscando apertar a saída de balón, pero Sufian conseguiu anotar o segundo para os de Ceuta tras unha perda local.
Os de Ceuta seguiron tocando e mantendo a posesión, buscando un terceiro que conseguiron a través de Everton no 14 con pase de Orellana. Os galegos buscaron achegarse con ocasiónes de Porto e Matos, pero o marcador non se moveu do 3-0 na primeira metade.
Co inicio da segunda metade chegou un novo gol de Orellana, tras un contragolpe no que cruzou un balón raso. Porto de novo e Álex Ares tentárono de lonxe inmediatamente despois, pero con pouca fortuna. Foi Everton o que conseguiu o quinto para os locais, noutro roubo nunha zona perigosa no 27.
O Santiago saíu con Alberto Mirás de porteiro xogador, mantendo máis o balón, pero sen oportunidades claras. Cristian e Brian buscaron perforar a meta de Cabezón, que tivo que sacar con esmero os intentos.
No 36, e tras golpear no pau, Everton coou o sexto con outro golpeo da súa perna esquerda. Faltando 10 segundos para o final Abraham aproveitou a superioridade tras a expulsión de Brian para pechar o marcador.
JERUBEX Santiago Futsal: Brais, Alberto Mirás, Brian Niebla, Porto, Álex Ares, Cristian, Dani Blanco, Matos, P. Liñeira, Alán, Quintás.
UA Ceutí: Dani Cabezón, Jaime, Abraham, Manu Orellana,We Casas, Alamillos, Anuar, Everton, Jose Mari, Smail, Cachón, Galán, Santi, Sufián.
Goles:
Min 04. 1-0 – We Casas
Min 07. 2-0 – Sufian
Min 14. 3-0 - Everton
Min 21. 4-0 – Orellana
Min 27. 5-0 – Everton
Min 36. 6-0 – Everton
Min 39. 7-0 – Abraham
O JERUBEX Santiago futsal disputa o seu segundo partido consecutivo contra Ceuta.

Unha semana despois de disputar o seu partido de ida en Santa Isabel, e tras perder cun axustado 2-3, os xogadores do JERUBEX Santiago Futsal loitarán para conseguir o desquite neste partido que corresponde á décima xornada da Segunda División da LNFS e que se retransmitirá na conta de YouTube do club.
Os santiagueses, coa necesidade de sumar puntos, chegan a terras ceutís con Porto e Álex Ares reincorporados no grupo pero teñen, ademais da xa coñecida baixa de Javi López, as dúbidas de Dani Blanco, que sufriu unha contractura muscular no último partido que non lle permitiu finalizar o encontro, e o meta Brais, que viaxará coa expedición aínda á espera de ver como evolucionan as molestias musculares que lle manteñen afastado da portería polo momento.
David Rial, técnico dos de Santiago, analizou o choque para os medios do club comentando que ” vai ser un partido moi parecido ao de hai unha semana, que se decidirá en gran parte por pequenas accións puntuais. Temos que saír ao partido cos cinco sentidos desde o primeiro momento, e tratar de manter o noso xogo cunha intensidade alta durante os 40 minutos ”.
O equipo viaxará o venres en
avión desde Santiago a Sevilla, onde se desprazará a Alxeciras en autobús, embarcándose alí a Ceuta e chegando
na mesma noite dese día. Cunha sesión de vídeo programada para o sábado pola
mañá, disputará o partido ás 17:30 no Guillermo Molina, tendo a volta
programada para o domingo a primeira hora.
O JERUBEX Santiago Futsal non consegue a vitoria nun axustado partido.
No seu segundo partido consecutivo como local no 2021, o JERUBEX Santiago Futsal recibía ao Unión África Ceutí na celebración do aprazado da Xornada 3 da Segunda División da LNFS. Os locais afrontaban o partido coa necesidade de sumar ante un rival que se atopaba na parte media da táboa clasificatoria, pero que non ía poñer as cousas fáciles.
Co asubío inicial Cachón puxo a proba P. Liñeira con tres disparos afastados que o meta sacou ben cara ás esquinas. Cristian respondeu para Santiago nada máis pisar a pista, tendo que sacar Cabezón cos pés en dúas ocasións.
Ceuta mantivo a posesión e a maior parte das oportunidades nos 10 primeiros minutos, conseguindo Anuar un gol no 8 cun dereitazo que os poñía por diante. Brian probou de lonxe para Santiago e Orellana buscou ampliar distancias, pero foi Cristian quen empatou tras unha gran xogada de Porto desde o medio campo no minuto 15. Pouco durou a alegría nos de Santiago, pois Everton conseguiu poñer por diante de novo aos seus dous minutos despois desde a banda dereita.
A segunda parte comezou accidentada, tendo que abandonar Dani Blanco o campo por lesión. Everton fallou unha ocasión a porta baleira e, no minuto 23, Smail poñía o terceiro para os visitantes ao bater a Liñeira desde fóra da área. Puido poñer Ceuta o cuarto, pero os paus salvaron en dúas ocasións.
Foi Quintás quen achegou aos seus, cun disparo de estratexia que se coou entre as pernas de Dani Cabezón, no minuto 27. No 29, tras discutir un máis que claro penalti sobre Alberto Mirás que os árbitros non pitaron, o técnico santiagués viu a súa segunda amarela, quedando así expulsado.
Pasaban os minutos cun Ceuta que buscaba máis para gañar tranquilidade e un Santiago que non lle valía o resultado. Quintás e Everton encabezaron o perigo por parte dos seus equipos.
Un traveseiro volveu salvar a Santiago de encaixar gol no 36 e estes contestaron con porteiro xogador no 37 tendo unha ocasión nos últimos segundos, pero o partido terminou cunha axustada derrota pola mínima.
O adestrador local, David Rial, comentou na rolda de prensa posterior ao
partido que “foi un encontro igualado, que se decidiu por pequenas accións. Non
entramos ben no partido, en comparación coas anteriores xornadas, e non
acabamos de sentirnos cómodos. Cando nos puxemos 1-1 tivemos a mala fortuna de
que nos xeran o segundo ao pouco tempo. Na segunda metade melloramos, e esa
xogada de penalti puido cambiar o devir do encontro. Quixémolo e tentámolo,
quedándonos preto. Toca pensar na semana que vén para poder resarcirse “.
JERUBEX Santiago Futsal: Alberto Mirás, Brian Niebla, Porto, Álex Ares, Cristian, Dani Blanco, Matos, Lucho, P. Liñeira, Alán, Quintás, Boado.
UA Ceutí: Dani Cabezón, Jaime, Abraham, Manu Orellana,We Casas, Alamillos, Anuar, Everton, Jose Mari, Smail, Cachón, Galán, Santi, Sufián.
Goles:
Min 07. 0-1 – Anuar
Min 15. 1-1 – Cristian
Min 17. 1-2 - Everton
Min 23. 1-3 – Smail
Min 27. 2-3 – Quintás
O JERUBEX Santiago Futsal recibe ao U.A. Ceutí.
O JERUBEX Santiago Futsal volve mañá sábado 9 a Santa Isabel despois do seu partido contra Benavente, tamén para recuperar un choque aprazado. Neste caso o encontro celebrarase contra o Unión África Ceutí e correspóndese á Xornada 3 de liga que se debeu disputar o 7 de novembro.
Os composteláns chegan ao partido coa necesidade de sumar e recortar distancias aos seus rivais, recibindo a un Unión África Ceutí que disputou o seu último partido antes de nadal, perdendo contra Leganés por 2-1 como visitante. Como curiosidade, ambos os equipos enfróntanse de novo a fin de semana que vén, no que será a Xornada 10 de liga, esta vez en Ceuta.
O conxunto santiagués quere conseguir os primeiros puntos de 2021 e a segunda vitoria como local e, contando coas baixas confirmadas de Brais e Javi López, está á espera de coñecer os avances de Porto e Álex Ares, que poderían volver a unha convocatoria despois de varias xornadas no dique seco.
“Vimos doutra derrota, pero estamos a demostrarnos a nós mesmos que a pesar das nosas circunstancias somos capaces de competir a calquera. Necesitamos ser capaces de darlle continuidade a eses bos minutos e bos inicios de partido que estamos a facer, temos que exigirmos manter ese nivel os 40 minutos. Durante a semana fóronse reincorporando de maneira paulatina os lesionados e aínda que non estan plenamente recuperados xa realizaron parte das sesións co grupo, o que nos levou a mellorar o noso día a día, algo que era moi necesario” expuxo David Rial na rolda de prensa previa ao partido.
“Creo que nos enfrontamos a unhas dos mellores planteis, é verdade que teñen a baixa de Saúl, que para eles é un xogador esencial, pero son un persoal cun gran talento e gran parte deles posúen gran experiencia en Primeira División “ comentou sobre o rival.
O partido celebrarase ás 19:00
horas e retransmitirase pola conta de Youtube do club.
Saúl Marrupe non continuará no JERUBEX Santiago Futsal
O JERUBEX Santiago Futsal e Saúl Marrupe acordaron separar os seus camiños, polo que deixa de formar parte do plantel do conxunto santiagués .
O xogador, que chegou a inicios desta tempada 20-21 do KS
Contract Lubawa, non continuará
na disciplina do club, polo que este agradécelle o esforzo realizado ata a data
e deséxalle o mellor no seu futuro persoal e profesional.
Inicio de ano sen puntos para o JERUBEX Santiago Futsal.

O Santiago Futsal comezaba o 2021 recuperando a Xornada 2 e recibindo a un Atlético Benavente ao que xa se enfrontou o pasado 19 de decembro na Rosaleda.
Os galegos, que seguen aproveitando o nadal para disputar os partidos aprazados, abrían o ano en Santa Isabel co obxectivo de sumar os seus tres primeiros puntos de 2021 ante un recentemente ascendido que está a levar a cabo unha moi boa campaña.
Co asubío inicial chegou un gol temperán de Brian Néboa, cun zurdazo contra o que nada puido facer Marcos Vara. O conxunto visitante quíxose repoñer con ocasións de Charlie e Germán, pero Cristian marcou o segundo dos de Santiago no minuto 8 finalizando unha boa xogada.
Pedro Liñeira seguía tapando as reaccións dun Benavente que ía a máis, e que conseguiu o empate cunha rápida reacción cos goles de Malaguti, que chegaron no 13 e o 15. Charlie asinou a remontada na primeira parte, cun tiro bombeado por alto no 17, e que levou o partido ao descanso con 2-3.
O Santiago comezou a segunda metade con ganas, pero de novo Malaguti marcou no 22 poñendo o cuarto. Buscou unha reacción o equipo local, con ocasións de Matos e Cristian , pero o ex de Santiago Charlie marcou o seu segundo no 28 tras un bo pase longo de Vara.
O partido, cun ritmo moi alto desde os seus inicios, seguiu alternado posesións, pero cun Benavente ben plantado en defensa e as principais ocasións xeradas por Novoa e Martín. No 34 Brian vestiuse de porteiro xogador, creando así máis xogo, cunha oportunidade moi clara de Cristian que quitou Vara e outra de Alberto Mirás de lonxe. Brian xogando de 5 marcou no 37, pero Sergio aproveitou unha perda dos galegos no 38 poñendo o 3-6 final no marcador, e deixando así a JERUBEX Santiago Futsal sen o primeiros tres puntos do ano en Santa Isabel.
Na rolda de prensa posterior ao
partido, David Rial declarou que “o inicio foi na liña do partido de hai 15
días. Ao comezo estivemos moi ben con balón, cómodos e con criterio, pero son
un plantel moi forte fisicamente e con profundidade, polo que conseguiron
remontar esa vantaxe inicial. Pese ao resultado o traballo é digno de encomiar,
oxalá este sexa un punto de inflexión para que podamos empezar a recuperar
lesionados e podamos volver sumar puntos de novo”.
JERUBEX Santiago Futsal: Alberto Mirás, Brian Niebla, Cristian, Dani Blanco, Matos, Lucho, P. Liñeira, Alán, Quintás, Boado
Atlético Benavente: Dani
Simón, M. Vara, Tomy, Dilin, Fran, Romero, Domínguez, Simón, Yayo, Charlie,
Martín, Malaguti, Novoa, Hernández.
Goles:
Min 01. 1-0 – Brian
Min 08. 2-0 – Cristian
Min 13. 2-1 - Malaguti
Min 15. 2-2 – Malaguti
Min 17. 2-3 – Charlie
Min 22. 2-4 – Malaguti
Min 28. 2-5 – Charlie
Min 37. 3-5 – Brian
Min. 38. 3-6 – Sergio
En busca dos tres primeiros puntos de 2021.
O JERUBEX Santiago Futsal recupera este domingo día 3 ás 12 horas o seu partido aprazado contra o Atlético Benavente, no que os galegos buscarán o desquite despois de caer por 3-1 o pasado sábado 19 na Rosaleda nun partido retransmitirase pola canle de Youtube do club.
Os composteláns volven a Santa Isabel coas baixas de Álex Áres, Javi López e Porto, coa intención de volver á senda da vitoria tras dúas derrotas consecutivas. Para iso, o equipo adestrarase sábado en dobre sesión despois duns días de descanso debido ás festividades do Nadal, incluíndo unha sesión de vídeo para o mesmo día.
O adestrador dos de Santiago, David Rial, comentou que “están a ser semanas atípicas, con paróns no medio de semana e moita xente lesionada que condiciona a maneira de preparar as sesións. A derrota da semana pasada foi dolorosa, non só polo avultado do marcador se non polas sensacións que tivemos.”
“Estou convencido de que o domingo volveremos ver unha boa versión do equipo, como a que demos no partido anterior contra Benavente, no que creo que durante a primeira parte fixemos os nosos mellores minutos e onde merecemos máis. Debemos volver igualar ese ritmo e ese gran nivel competitivo que eles teñen, o partido será similar ao de hai 15 días, onde mandarán os pequenos detalles.”
Para o partido, e en colaboración
coa Asociación de Veciños de Vista
Alegre e a Peña Herdeiros do Sar, o club habilitará na entrada de Santa
Isabel unha caixa de correos para todos aqueles nenos que queiran darlle as
súas cartas aos paxes reais, que posteriormente llas entregarán a SM Os Reis Magos de Oriente.
O JERUBEX Santiago Futsal pecha o ano cunha derrota en Leganés
(Foto dep, prensa Leganés FS)
No seu segundo partido en menos
de 15 días, CD Leganés e JERUBEX Santiago Futsal enfrontábanse de novo, esta
vez no Pavillón Europa. Cun partido moi parecido ao do 12 de decembro en Santa
Isabel, ambos os equipos plantábanse no encontro con necesidade de puntos, e a
intención de pechar este 2020 cunha vitoria.
A primeira ocasión do partido foi para os locais, cun chute de Guille que tapou Brais. Contestou Cristian inmediatamente despois, tras un gran pase de Brian que o deixou só ante o porteiro.
Despois duns minutos nos que o Santiago levou o protagonismo, o CD Leganés avisou cun disparo de Palomares. No minuto 8, Dela marcaba o primeiro para os pepineros. Cristian de novo buscou o gol para os seus, pero non conseguiu bater a Javi.
Seguiron os locais coa iniciativa en ataque, primeiro cun disparo ao traveseiro de Chicho, e posteriormente co segundo de Antón no minuto 13. O terceiro golpe chegou no 17 cun Guille que poñía un máis no electrónico para os madrileños. Case estivo a piques de recortar distancias ao bordo do descanso Cristian cun disparo cruzado, pero Fernández evitouno coa súa parada.
O JERUBEX comezou con Brian de porteiro xogador a segunda metade, mantendo a posesión e buscando achegarse no marcador. O equipo galego moveu a pelota co seu xogo de 5, con ocasións de Quintás e Cristian, ambas as ao lateral da rede.
Os minutos pasaban e no 34 o Leganés marco o cuarto grazas a Fer, aproveitando o baleiro na portería ao xogar de 5 os visitantes. Tan só un minuto despois Dela marcou o quinto, empuxando un bo pase longo do seu porteiro. O Santiago seguiu con Brian de porteiro xogador, e Dani Blanco marcou o gol da honra para os visitantes no 37 tras unha boa combinación, quedando así o resultado no 5-1 final.
David Rial, adestrador do JERUBEX Santiago Futsal comentou ao finalizar
o partido que “a primeira parte comezou igualada, pero a partir dos goles non
soubemos repoñernos, custounos conectar co partido. Na segunda parte, coa
situación de porteiro xogador xeramos ocasións, pero sobrepoñerse e cambiar a dinámica na que estabamos coa nosa falta de experiencia é complicado. É unha derrota
xusta pero moi dolorosa, non queda outra que volver mañá ao traballo para pensar
no seguinte partido.“
CD Leganés: Fernández (p), Tarsa, Chicho, Dela, Fer, Mimi, Macías, Antón, Guille, Javier de Cuadros, Keny, Mario Santiago, , Palomares.
JERUBEX Santiago Futsal: Brais García, Alberto Mirás, Brian Niebla, Cristian, Dani Blanco, Matos, Lucho, P. Liñeira, Saúl Marrupe, Alán, Quintás
Goles:
Min 08. 1-0 – Dela
Min 13. 2-0 – Antón
Min 17. 3-0 - Guille
Min 34. 4-0 – Fer
Min 35. 5-0 – Dela
Min 37. 5-1 – Dani Blanco
Último partido do ano en Leganés
Os galegos xogarán este domingo en Leganés o seu último partido do 2020. Correspondente ao aprazamento da Xornada 1 da Segunda División, os de David Rial enfrontaranse a un rival que vén de gañar ao Unión África Ceutí por 2-1 como local o pasado domingo, pero que tamén se atopa na zona baixa da clasificación.
Pola súa banda, os composteláns chegan coa intención de sumar tres puntos ante un conxunto ao que bateron pola mínima fai tan só 15 días en Santa Isabel. Ás baixas confirmadas de Álex Áres e Javi López súmase a dúbida de Porto, que xa non puido xogar contra o Atlético Benavente e que segue realizando probas que determinen a posibilidade de disputar o encontro.
O conxunto branco, despois de ter un breve descanso por festividades do Nadal de tres días, adestrará o sábado en dobre sesión e viaxará en autobús o domingo con saída ás 9 da mañá desde o Multiusos Fontes do Sar, facendo parada no camiño para comer.
David Rial, adestrador do JERUBEX Santiago Futsal, comentou antes do partido que “ os dous equipos temos o partido de hai 15 días moi fresco. Para ambos é un partido importante, eles están tres puntos por diante aínda que con varios partidos máis. Esta foi unha semana atípica, xa que paramos tres días polo Nadal, pero esperamos pechar o ano cunha vitoria e seguir dando pasos cara adiante” .
O partido celebrarase ás 18:30
horas no Pavillón Europa e retransmitirase en directo a través da conta de
Youtube dos locais. O equipo iniciará o seu regreso a terras galegas despois do
partido.
Derrota axustada en Benavente do JERUBEX Santiago Futsal.
O equipo compostelán chegaba a Benavente para seguir sumando puntos que lle permitisen subir na táboa clasificatoria. En fronte tería unha misión difícil, un partido diante dun recentemente ascendido, o Atlético Benvente, pero que está a realizar unha moi boa campaña 20-21 no seu primeiro ano na Segunda División da LNFS.
O encontro comezou disputado, nunha primeira parte na que non houbo goles, pero se entrega e ocasións polas dúas partes. Matos tivo as primeiras oportunidades para os galegos e Brian despois, contestando Germán aos poucos minutos na área rival.
Os locais tomaron a iniciativa por momentos, pero a sólida defensa dos de Santiago, xunto coas boas paradas de Brais, facían imposible o gol. No minuto 15 Brian mandouna ao traveseiro, devolvendo Martín outro disparo ao pau pouco despois. Para finalizar, unha espléndida parada de Brais a falta de tres segundos ante Malaguti mandou o partido en empate ao descanso na Rosaleda.
A segunda parte comezou de fronte para os galegos. Alberto Mirás, tras unha boa xogada, bateu a Marcos Vara coa súa perna esquerda cun golpeo raso. A partir de aí os de David Rial aplicáronse en defensa, pechando liñas e mantendo a orde, ata que no minuto 29 comezou a remontada cun gol de Dilin.
Brian probaba con disparos de lonxe, tendo tamén Alán unha boa oportunidade para volver poñerse por diante, pero de novo Martín bateu a Brais no 34 cunha gran volea, poñendo o 2-1.
O Santiago pediu tempo morto e saíu de 5 xusto despois, pero os de Benavente pechábanse ben, aproveitando Malaguti unha perda con porteiro xogador e deixando o marcador no 3-1 final a falta de tres minutos para a conclusión do partido.
O técnico David Rial analizou o
partido comentando que “ os 10 primeiros foron moi bos, poida que mellores da
tempada. Tivemos tamén varias ocasións para poñernos por diante, pero ao final da
primeira parte sufrimos pola falta de fol. Na segunda parte conseguimos
poñernos por diante, pero castigounos a súa estratexia con dous goles moi
seguidos ante un rival que é moi duro na súa pista. É unha nova derrota, pero o
equipo está en liña ascendente, a pesar das circunstancias está a competir con orgullo
alá onde vai. A partir de hoxe xa imos pensar en Leganés, traballaremos para
volver conseguir unha vitoria en Madrid.”
JERUBEX Santiago Futsal: Brais García, Alberto Mirás, Brian Niebla, Cristian, Dani Blanco, Matos, Lucho, P. Liñeira, Saúl Marrupe, Alán, Quintás
Atlético Benavente: Dani
Simón, M. Vara, Tomy, Dilin, Fran, Romero, Domínguez, Simón, Yayo, Charlie,
Martín, Malaguti, Novoa, Hernández.
Goles:
Min 22. 0-1 – Alberto Mirás
Min 29. 1-1 – Dilin
Min 34. 2-1 - Chicho
Min 37. 3-1 - Malaguti