Ismael renova ca Resistencia.
Ismael Vázquez, un dos capitáns durante a temporada 2018-2019 do Santiago Futsal, renovou a súa relación contractual por unha campaña coa escuadra santiaguesa.
O villalbés, outra das pezas crave do equipo debido á súa importante carga de minutos, sumará o seu sexto curso no Santiago Futsal, club ao que chegou sendo xuvenil.
“Estamos moi contentos coa renovación de Isma, a temporada pasada converteuse nun dos alicerces do equipo e entendíamos como crave a súa continuidade. Isma entende á perfección o noso modelo de xogo, é un xogador que nos dá orde a todos os niveis e que a pesar da súa idade garántenos experiencia sobre a pista” comentou o adestrador David Rial.
O xogador declarou “estou moi contento con que o club conte
comigo outro ano máis, espéranos unha temporada ilusionante e á vez moi dura,
na que darei o mellor de min para axudar a cumprir os obxectivos”
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
A Resistencia quere os tres puntos de Castellón.
13 Dec, 2019 -
Mahou patrocinará o “Derbi Galego”
12 Dec, 2019 -
Pirata: “Día tras día esforzámonos para seguir sumando”
11 Dec, 2019 -
Comeza a semana para o Santiago Futsal
9 Dec, 2019 -
Vitoria de prestixio en Elche
6 Dec, 2019 -
O Santiago Futsal, a loitar polos puntos en Elche
5 Dec, 2019 -
Álvaro Recio: “Viaxaremos coa mesma intención de sempre, gañar o partido”
4 Dec, 2019