Nova semana para o Santiago Futsal.
Os composteláns comezan unha nova semana na que disputarán dous partidos, un de competición copeira e tamén o que supoñerá o seu inicio na Segunda División da LNFS.
En primeiro lugar, o partido da terceira eliminatoria da Copa do Rei, no que se enfrontará este mércores contra o Leis Pontevedra no pavillón Monte Carrasco ás 21:30, e que dará o pistoletazo de saída ao torneo do KO para o equipo santiagués.
Por outra banda, o Santiago tamén se estreará este sábado en Santa Isabel a porta pechada, nun partido que será o primeiro na competición ligueira contra o Ciudad de Móstoles ás 18:00 horas.
Aínda con algúns dos seus
xogadores respectando a cuaretena
disposta polas autoridades sanitarias ata mañá martes, o resto do grupo
adestrarase durante todos os días desta semana en Santa Isabel.
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.
16 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago futsal disputa o seu segundo partido consecutivo contra Ceuta.
15 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal non consegue a vitoria nun axustado partido.
9 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal recibe ao U.A. Ceutí.
7 Jan, 2021 -
Saúl Marrupe non continuará no JERUBEX Santiago Futsal
4 Jan, 2021 -
Inicio de ano sen puntos para o JERUBEX Santiago Futsal.
3 Jan, 2021 -
En busca dos tres primeiros puntos de 2021.
30 Dec, 2020