O Santiago Futsal avanza con pé firme na Copa do Rei
O equipo santiagués certificou hoxe en Pontevedra (2-6) o seu paso á seguinte rolda da Copa do Rei tras eliminar ao Leis Pontevedra na terceira fase do torneo do KO.
Os de David Rial comezaron o partido por diante no marcador grazas a un gran gol de Brian Niebla dende fora da área, imposible para o porteiro local. A continuación Porto, en dúas ocasións, aumentou a distancia ata tres goles, primeiro cunha gran xogada persoal e despois grazas a unha asistencia de Cristian Bernal.
Nin un minuto máis tarde ambos xogadores intercambiaron os papeis, sendo así a asistencia de Porto e o gol de Cristian para poñer o cuarto dos compostelanos no marcador, e co que irían ao descanso no pavillón pontevedrés.
Co comezo da segunda metade o Leis quixo reaccionar, pero Brais seguíu ca tónica da primeira metade, desbaratando toda ocasión que se achegaba á súa portería. Tras un período de ocasións para ambos equipos, pero con maior posesión do esférico para o Santiago Futsal, finalmente os locais conseguiron o premio.
Pouco despois, un segundo cartón amarelo para Porto supuxo a súa expulsión, o que obrigou aos santiagueses a defender con tres xogadores de campo máis o porteiro, o que fixo con solvencia pese a presión dos rivais. Xa cos cinco xogadores de pista, foi Matos o que sorprendeu ao meta dos de Pontevedra tras batelo por baixo dende dentro da área.
Os minutos pasaban en contra do
Leis, e os de Santiago querían máis, conseguindo Matos o segundo da noite na
súa conta particular grazas a unha nova asistencia de Cristian cunha escapada
en solitario. Nos últimos minutos, un Leis que nunca se rendeu conseguiu poñer
o 2-6, deixando así o marcador no que resultaría o final.
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.
16 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago futsal disputa o seu segundo partido consecutivo contra Ceuta.
15 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal non consegue a vitoria nun axustado partido.
9 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal recibe ao U.A. Ceutí.
7 Jan, 2021 -
Saúl Marrupe non continuará no JERUBEX Santiago Futsal
4 Jan, 2021 -
Inicio de ano sen puntos para o JERUBEX Santiago Futsal.
3 Jan, 2021 -
En busca dos tres primeiros puntos de 2021.
30 Dec, 2020