O JERUBEX Santiago Futsal debuta en Santa Isabel.
O JERUBEX Santiago Futsal debutará por fin na competición ligueira de 2020-2021. Despois de varias xornadas aprazadas debido ás complicacións sanitarias ocasionadas pola pandemia, o equipo compostelán disputará o seu primeiro partido este sábado ás 18.00 en Santa Isabel.
O equipo chega ao partido despois da súa vitoria na Copa do Rey contra o Leis Pontevedra por 2-6 e coa ilusión de poder arrincar cunha vitoria nunha nova participación na Segunda División Nacional de Fútbol sala.
O técnico do JERUBEX Santiago Futsal, David Rial, declarou para os medios do club que “ despois de tantos días, parece que se acaba a espera e poderemos debutar en partido de liga. Necesitabamos este momento, a nivel mental foi complicado convivir con esta situación de incerteza e suspensións que nos fixo chegar á xornada 5 sen debutar. O equipo esta desexando saltar a Santa Isabel e reencontrarse con esas sensacións únicas de volver xogar na nosa casa.”
“Enfrontámonos a un equipo con moito talento, xa demostrou a tempada pasada ser un dos mellores equipos a nivel ofensivo e esta tempada manteñen esa mesma liña e idea de xogo. Ademais chegan nun bo momento despois de dúas vitorias seguidas e con xogadores como Kiki nun grandísimo estado de forma, é un dos equipos chamados a estar entre os 4 primeiros nesta primeira fase.”
O partido disputarase a porta pechada debido ás restricións sanitarias e poderase seguir en directo a través da conta de Youtube do club.
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.
16 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago futsal disputa o seu segundo partido consecutivo contra Ceuta.
15 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal non consegue a vitoria nun axustado partido.
9 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal recibe ao U.A. Ceutí.
7 Jan, 2021 -
Saúl Marrupe non continuará no JERUBEX Santiago Futsal
4 Jan, 2021 -
Inicio de ano sen puntos para o JERUBEX Santiago Futsal.
3 Jan, 2021 -
En busca dos tres primeiros puntos de 2021.
30 Dec, 2020