• Español
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Equipos
    • 2ª División
    • A nosa Base
  • Galería
  • Abónate
  • Colaboradores
    • Base
  • Contacto

Último partido do ano en Leganés

December 23, 2020 at 12:36 pm, No comments


Os galegos xogarán este domingo en Leganés o seu último partido do 2020. Correspondente ao aprazamento da Xornada 1 da Segunda División, os de David Rial enfrontaranse a un rival que vén de gañar ao Unión África Ceutí por 2-1 como local o pasado domingo, pero que tamén se atopa na zona baixa da clasificación.

Pola súa banda, os composteláns chegan coa intención de sumar tres puntos ante un conxunto ao que bateron pola mínima fai tan só 15 días en Santa Isabel. Ás baixas confirmadas de Álex Áres e Javi López súmase a dúbida de Porto, que xa non puido xogar contra o Atlético Benavente e que segue realizando probas que determinen a posibilidade de disputar o encontro.

O conxunto branco, despois de ter un breve descanso por festividades do Nadal de tres días, adestrará o sábado en dobre sesión e viaxará en autobús o domingo con saída ás 9 da mañá desde o Multiusos Fontes  do Sar, facendo parada no camiño para comer.

David Rial, adestrador do  JERUBEX Santiago Futsal, comentou antes do partido que “ os dous equipos temos o partido de hai 15 días moi fresco. Para ambos é un partido importante, eles están tres puntos por diante aínda que con varios partidos máis. Esta foi unha semana atípica, xa que paramos tres días polo Nadal, pero esperamos pechar o ano cunha vitoria e seguir dando pasos cara adiante” .

O partido celebrarase ás 18:30 horas no Pavillón Europa e retransmitirase en directo a través da conta de Youtube dos locais. O equipo iniciará o seu regreso a terras galegas despois do partido.

 

No comments

Leave a reply







Recent Posts

  • Vitoria de mérito para rematar a primeira fase
    20 Feb, 2021
  • Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal
    18 Feb, 2021
  • Derrota ante o líder do JERUBEX Santiago Futsal.
    6 Feb, 2021
  • Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.
    4 Feb, 2021
  • Gran esforzo sen recompensa para os santiagueses
    2 Feb, 2021
  • Previa: FS Talavera vs JERUBEX Santiago Futsal
    1 Feb, 2021
  • Traballado punto do JERUBEX Santiago Futsal en Móstoles
    30 Jan, 2021