• Español
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Equipos
    • 2ª División
    • A nosa Base
  • Galería
  • Abónate
  • Colaboradores
    • Base
  • Contacto

En busca dos tres primeiros puntos de 2021.

December 30, 2020 at 1:59 pm, No comments


O JERUBEX Santiago Futsal recupera este domingo día 3 ás 12 horas o seu partido aprazado contra o Atlético Benavente, no que os galegos buscarán o desquite despois de caer por 3-1 o pasado sábado 19 na Rosaleda nun partido retransmitirase pola canle de Youtube do club.

Os composteláns volven a Santa Isabel coas baixas de Álex Áres, Javi López e Porto, coa intención de volver á senda da vitoria tras dúas derrotas consecutivas. Para iso, o equipo adestrarase sábado en dobre sesión despois duns días de descanso debido ás festividades do Nadal, incluíndo unha sesión de vídeo para o mesmo día.

O adestrador dos de Santiago, David Rial, comentou que “están a ser semanas  atípicas, con paróns no medio de semana e moita xente lesionada que condiciona a maneira de preparar as sesións. A derrota da semana pasada foi dolorosa, non só polo avultado do marcador se non polas sensacións que tivemos.”

“Estou convencido de que o domingo volveremos ver unha boa versión do equipo, como a que demos no partido anterior contra Benavente, no que creo que durante a primeira parte fixemos os nosos mellores minutos e onde merecemos máis. Debemos volver igualar ese ritmo e ese gran nivel competitivo que eles teñen, o partido será similar ao de hai 15 días, onde mandarán os pequenos detalles.”

Para o partido, e en colaboración coa Asociación de  Veciños de Vista Alegre e a Peña  Herdeiros  do Sar, o club habilitará na entrada de Santa Isabel unha caixa de correos para todos aqueles nenos que queiran darlle as súas cartas aos paxes reais, que posteriormente llas entregarán a  SM Os Reis Magos de Oriente.

No comments

Leave a reply







Recent Posts

  • Vitoria de mérito para rematar a primeira fase
    20 Feb, 2021
  • Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal
    18 Feb, 2021
  • Derrota ante o líder do JERUBEX Santiago Futsal.
    6 Feb, 2021
  • Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.
    4 Feb, 2021
  • Gran esforzo sen recompensa para os santiagueses
    2 Feb, 2021
  • Previa: FS Talavera vs JERUBEX Santiago Futsal
    1 Feb, 2021
  • Traballado punto do JERUBEX Santiago Futsal en Móstoles
    30 Jan, 2021