• Español
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Equipos
    • 2ª División
    • A nosa Base
  • Galería
  • Abónate
  • Colaboradores
    • Base
  • Contacto

Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.

January 16, 2021 at 7:54 pm, No comments


No seu segundo partido en menos dunha semana contra o mesmo rival, o  JERUBEX Santiago Futsal viaxaba a Ceuta co obxectivo de resarcirse e conseguir unha vitoria que lles permitise engancharse á clasificación.

O Ceuta comezou avisando, tendo oportunidades que poñían a proba a Pedro  Liñeira desde o primeiro minuto de xogo. No 4  We Casas conseguiu estrear o marcador cun disparo cruzado de lonxe grazas a un pase de  Sufián.

A partir de aí o Santiago comezou a presionar no campo rival, buscando apertar a saída de balón, pero  Sufian conseguiu anotar o segundo para os de Ceuta tras unha perda local.

Os de Ceuta seguiron tocando e mantendo a posesión, buscando un terceiro que conseguiron a través de Everton no 14 con pase de  Orellana. Os galegos buscaron achegarse con  ocasiónes de Porto e Matos, pero o marcador non se moveu do 3-0 na primeira metade.

Co inicio da segunda metade chegou un novo gol de  Orellana, tras un contragolpe no que cruzou un balón raso. Porto de novo e Álex Ares tentárono de lonxe inmediatamente despois, pero con pouca fortuna. Foi Everton o que conseguiu o quinto para os locais, noutro roubo nunha zona perigosa no 27.

O Santiago saíu con Alberto Mirás de porteiro xogador, mantendo máis o balón, pero sen oportunidades claras. Cristian e  Brian buscaron perforar a meta de  Cabezón, que tivo que sacar con esmero os intentos.

No 36, e tras golpear no pau, Everton coou o sexto con outro golpeo da súa perna esquerda. Faltando 10 segundos para o final Abraham aproveitou a superioridade tras a expulsión de  Brian para pechar o marcador.

JERUBEX Santiago Futsal: Brais, Alberto Mirás, Brian Niebla, Porto, Álex Ares, Cristian, Dani Blanco, Matos, P. Liñeira, Alán, Quintás.

UA Ceutí: Dani Cabezón, Jaime, Abraham, Manu Orellana,We Casas, Alamillos, Anuar, Everton, Jose Mari, Smail, Cachón, Galán, Santi, Sufián.

 

 Goles:

Min 04. 1-0 – We Casas

Min 07. 2-0 – Sufian

Min 14. 3-0 - Everton

Min 21. 4-0 – Orellana

Min 27. 5-0 – Everton

Min 36. 6-0 – Everton

Min 39. 7-0 – Abraham

No comments

Leave a reply







Recent Posts

  • Vitoria de mérito para rematar a primeira fase
    20 Feb, 2021
  • Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal
    18 Feb, 2021
  • Derrota ante o líder do JERUBEX Santiago Futsal.
    6 Feb, 2021
  • Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.
    4 Feb, 2021
  • Gran esforzo sen recompensa para os santiagueses
    2 Feb, 2021
  • Previa: FS Talavera vs JERUBEX Santiago Futsal
    1 Feb, 2021
  • Traballado punto do JERUBEX Santiago Futsal en Móstoles
    30 Jan, 2021