• Español
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Equipos
    • 2ª División
    • A nosa Base
  • Galería
  • Abónate
  • Colaboradores
    • Base
  • Contacto

Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal

February 18, 2021 at 11:27 am, No comments

Os santiagueses disputarán mañá ás 18:00 en Parque Sur o seu último partido da primeira fase desta competición. Cun rival que se atopa inmediatamente por encima na clasificación e que vén de empatar contra o Atlético Benavente como local o pasado sábado 13, os galegos buscarán sumar tres puntos cos que finalizar esta etapa e encarar a nova con forzas renovadas.

Nesta xornada, que será con horario unificado, fixaranse as prazas para os dous novos grupos que se formarán e nos que se decidirán os candidatos para o ascenso e descenso de categoría.

David Rial contará con todo o persoal salvo Javi López, e buscará como visitante unha vitoria que se lle resistiu na ida, ao caer os galegos por 0-2 na pasada xornada 7.

O adestrador dos composteláns comentou na rolda de prensa previa ao partido que “ tiñamos ganas de volver competir despois do parón da semana pasada. O equipo está a adestrar a un nivel moi alto, é o mellor momento da tempada en canto ao esforzo e dinámica de sesións. Necesitamos referendar isto con puntos o sábado para chegar con boas sensacións á segunda fase e poñeremos todo da nosa parte para que así sexa“.

O equipo viaxará no día, saíndo do Multiusos Fontes  do Sar este sábado ás 8 e tendo a volta programada para inmediatamente despois de finalizar o partido. O encontro poderase seguir a través da canle de Youtube do equipo local.

No comments

Leave a reply







Recent Posts

  • Vitoria de mérito para rematar a primeira fase
    20 Feb, 2021
  • Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal
    18 Feb, 2021
  • Derrota ante o líder do JERUBEX Santiago Futsal.
    6 Feb, 2021
  • Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.
    4 Feb, 2021
  • Gran esforzo sen recompensa para os santiagueses
    2 Feb, 2021
  • Previa: FS Talavera vs JERUBEX Santiago Futsal
    1 Feb, 2021
  • Traballado punto do JERUBEX Santiago Futsal en Móstoles
    30 Jan, 2021