O derbi  Irmandiño que se xogou en Vista Alegre cumpriu todas as expectativas. 
Na bancada unha gran afección por ambos os bandos e na pista dous equipos que o deron todo ata o seu último alento.


Os contendentes comezaron intercambiando golpes co Santiago levando a iniciativa a pesar de ser o visitante. Xa no minuto 3 Everton colleu un rexeite no bordo da área, que primeiro se estrelou no traveseiro e posteriormente cruzou a liña, poñendo así o 0-1 inicial no marcador. 

Despois do  primeiro gol, ambos equipos seguiron poñendo intensidade no terreo de xogo ata que unha man de  Christian Chao dentro da área provocou un penalti que  Matamoros non perdoou. 

Era o minuto 13 e os Burelenses querían máis. Os locais seguiron acosando a portería de Álex Pérez ata que no minuto 18  Iago Míguez finalizou unha gran acción colaborativa por baixo das pernas do porteiro.

Co comezo da segunda parte os de Burela ampliaron a vantaxe a través de  Luisma no minuto 22, pero Everton volveu achegar aos celestes grazas a unha falta directa que introduciuse á esquerda de Edu, o porteiro local.

Os minutos pasaban e houbo ocasións para os dous rivais, ata que Renato finalizou unha xogada de estratexia  ao bordo da área provocada por unha cesión visitante.

A partir de aí o partido toleou, sen posesións longas para ningún dos dous equipos ata que os de Santi Valladares sacaron ao quinto home. No minuto 39 e tras a expulsión de  Zequi, os locais conseguiron o 5-2 final ao materializar un dobre penalti grazas a  Matamoros.

Na rolda de prensa ao finalizar o partido, Santi Valladares recoñeceu que "foi un partido equilibrado” e felicitou ao Pescados Rubén Burela pola súa campaña, desexándolle o mellor de fronte ao final da mesma. "A nosa folla de ruta segue sendo a mesma. O único no que nos temos que centrar é en salvar a categoría” sentenciou.

Pola súa banda, o adestrador local Juan Manuel  Marrube asegurou que "foi un partido moi traballado” e que "o choque pasou por diferentes fases ante un rival moi esixente, pero conseguimos facer o noso xogo”.