O próximo día 30 e 31 de Marzo celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a VI edición de "A  Cidade  do  Futsal”. 

Organizado por  Viaqua e o Santiago  Futsal, congregará aproximadamente a 400 nenos de toda Galicia e celebrarase en tres pistas de maneira simultánea. 

O evento será presentado o mércores da próxima semana na Sala Eisenman ás 12  h.

Os partidos da categoría alevín celebraranse o sábado pola tarde, mentres que os de categorías biberón,  pre  benjamín (primeiro e segundo ano) e  benjamín terán a súa quenda o domingo durante todo o día. 

Lembramos que, con motivo da gran festa do  Futsal, o calendario de  futbol sala da  RFGF correspondente a esa fin de semana aprázase co fin de que os equipos poidan acudir ao torneo. Da mesma forma, os horarios non coincidirán cos de fútbol campo. Desde o Santiago  Futsal reiteramos o noso agradecemento á  RFGF a súa predisposición para facer deste evento deportivo un gran éxito a nivel de participación.

Os equipos estarán formados por 4 xogadores (1 porteiro + 3 xogadores de pista) e cada equipo pode ter un máximo de 1 cambio (é dicir total de 5 xogadores), unha fórmula adaptada ao tamaño das pistas que fai os partidos máis dinámicos e divertidos para participantes e espectadores.

A inscrición poderase realizar  presencialmente nas oficinas do Club ou a través do correo electrónico administracion@santiagofutsal.com.