Santiago Futsal visita a Software DO Sol Mengíbar o sábado ás 18:30 h 
Os celestes buscan a fazaña nunha pista na que os locais aínda non perderon un partido 
Santi Valladares "Sabemos que é unha cancha difícil pero a ilusión dun equipo novo está intacta” 


A 12ª Xornada da Segunda División da LNFS preséntase ante o Santiago Futsal e trae consigo una das probas máis esixentes do campionato ligueiro. Visitan ao Software DEL Sol Mengíbar, cuarto clasificado e equipo invicto no que leva disputado de competición. A cita será o sábado ás 18.30h no Sebastián Moya Lorca.

Tras a vitoria do pasado domingo en Santa Isabel ante CD Rivas Futsal (3-1), e que aupou aos celestes fóra dos postos de descenso con 10 puntos, o míster Valladares explicou "chegar a un partido despois de gañar sempre supón afrontalo con máis alegría”. Necesaria e merecida; a vitoria ante o conxunto madrileño supuxo o terceiro triunfo en Liga para a escuadra santiaguesa que ademais destacou pola súa gran labor en tarefas defensivas "ante Rivas, sen meter moito goles, o equipo a nivel defensivo estivo moi sólido” explicou o técnico. 

Pero a cita de mañá reclamará todo de se para os de Santi Valladares. Os xienenses só cederon un empate na súa casa e non coñecen a derrota na pista do Sebastián Moya Lorca. O técnico analizou ao seu rival do que dixo "é unha cancha difícil, un rival de parte alta e que conta con xogadores de Primeira División” pero hai algo no que os santiagueses son expertos e é que "a ilusión dun equipo novo está intacta”. 

A expedición santiaguesa chega ao devandito encontro coas baixas de Everton, que segue recuperándose da lesión na fascia plantar; e de Alberto, por obrigacións académicas. O conxunto celestes chegou esta mañá a Mengibar, onde se exercitou en sesión matinal, despois de viaxar toda a noite en autobús.