O xogador e o club chegaron a un acordo para a rescisión do contrato


O xogador Álex Motos e o Santiago Futsal decidiron rescindir de mutuo acordo o contrato que o vinculaba ata final de temporada. Álex Motos, que se incorporou ao equipo o pasado mes de Setembro pechando o plantel do conxunto celeste a presente temporada 18/19, despídese do Santiago Futsal tras disputar a primeira volta da competición doméstica.

O club agradece ao xogador a súa profesionalidade e deséxalle a mellor das sortes na súa carreira deportiva.