Os de Santiago visitan ao conxunto castellónes o sábado ás 17:30h no primeiro encontro da segunda volta 
Os celestes queren iniciar o novo ano coa dinámica positiva coa que pecharon o 2018


Despois de tres semanas de parón con motivo das festividades do Nadal, os equipos da Segunda División da Liga Nacional de Fútbol sala volven esta fin de semana á competición doméstica. No caso do Santiago Futsal, os xogadores celestes retoman a liga a domicilio, visitando ao Bisontes Castellón FS o sábado ás 17:30h. O encontro correspondente á 16ª xornada de Liga será o primeiro do ano 2019 e o primeiro tamén da segunda volta da competición. 

O plantel que adestra Santi Valladares afronta a segunda semana de adestramentos, tras incorporarse o pasado 2 de Xaneiro ás sesións de traballo. Os celestes queren chegar a punto para enfrontarse a un rival directo nas súas aspiracións que actualmente atópase na 10ª posición da táboa clasificatoria con 20 puntos, 3 máis que os galegos que son decimosegundos. Despois de finalizar o ano 2018 ao grande, con vitoria ante Soliss FS Talavera (1-3), e asinando 7 dos últimos 9 puntos en xogo; os de Santiago queren iniciar o novo ano coa mesma dinámica positiva. 

Tras a baixa de Álex Motos, que xa non é xogador do Santiago Futsal, o equipo santiagués conta cun total de catorce xogadores, dos cales só 12 formarán parte da expedición que viaxará a Valencia este venres.