A emblemática cafetería do Auditorio de Galicia será colaborador do club a presente temporada 18-19 
Última presentación oficial da temporada que se iniciará o domingo en Santa Isabel ás 12.30h ante Bisontes Castellón FS


Segunda e última presentacion oficial do Santiago Futsal previa ao arranque ligueiro do vindeiro domingo. Nesta ocasión os protagonistas foron tres dos xogadores máis novos da escuadra santiaguesa: Jorge Montiel (18), Dani 'Zurdo' (19) e Álex Motos (24). Os tres amosáronse moi confiados e con moita ilusión para a aventura na Segunda División co Santiago Futsal. A Cafetería Lasso situada no Auditorio de Galicia, colaborador do club santiagués a presente tempada, acolleu o acto de presentación. 

Jorge Montiel afirmou que, a pesar de padecer molestias na cadeira e non poder adestrar con regularidade co grupo, tras a súa chegada a Santiago "síntome moi apoiado por todos os meus compañeiros e pola xente do club” e que "agardo recuperarme ben, con calma, e estar ao 100% para axudar ao equipo”. Tamén engadiu que "atopeime a un equipo moi loitador e con ganas de traballar e aprender”. 

O xienense Dani López, alcumado 'Zurdo', non dubidou en resaltar a ambición coa que encara esta experiencia no Santiago Futsal "somos xogadores novos e poder xogar nun club coma este, coa historia que ten, é un soño que temos que devolver en forma de ganas e sacrificio”. Por outra banda, tamén recalcou o "complicada” que é a División de Prata pero na que a ganas non lles igualará ningún outro equipo "nesta Liga hai moita experiencia, pero os outros equipos non corren igual ca nós”. Por último, 'Zurdo' concluíu "A filosofía deste club é competir e temos que viaxar e demostrar esa palabra por cada campo que visitemos; suar a camiseta e dalo todo na pista”

O recentemente chegado Álex Motos, última incorporación do conxunto que dirixe Santi Valladares, dixo nas súas primeiras declaracións como xogador do Santiago Futsal que esta era "unha oportunidade que sempre soñas ter e non se pode rexeitar” e engadíu que "o chegar a un club de Segunda División é unha experiencia de vida que che axudar a crecer como xogador e como persoa.” 

Noutra orde de cousas, o club informa de que as oficinas estarán abertas o sábado en horario de 11h a 13.30h e de 17.30h a 21h. A entrega de abonos realizarase posteriormente ao envío dunha mensaxe ou chamada informativa para a retirada do abono.