David Rial convértese no segundo do míster Santi Valladares
Incorporacións de Daniel Vilas como preparador físico e Samuel Tojo como adestrador de porteiros


 Co pistoletazo de saída á nova tempada 18/19 e as pertinentes presentacións, o equipo santiagués fai públicas tamén diversas novidades en canto aos compoñentes do corpo técnico que acompañarán este curso a Santi Valladares. 

O que fora técnico do filial ata a pasada tempada, David Rial, convértese no segundo adestrador do conxunto santiagués e man dereita do míster padronés. A eles acompañará o técnico das categorías inferiores do club e coñecido preparador de porteiros Samuel Tojo e o novo prepador físico Daniel Vilas, quen se incorpora este ano ao club tras participar a pasada tempada en labores coas categorías inferiores. 

Alejandro Rama asumirá, por terceiro ano consecutivo, as funcións de delegado; Sergio Quintás repite como encargado de material e o recoñecido doutor Jesús Marque continuará como médico do club.