Santiago  Futsal leva o derbi cun resultado de 4-0.
Os de Santi Valladares suman tres puntos máis e colócanse na metade da táboa.


O pavillón de Santa Isabel viviu un derbi con todas as letras. A festa do fútbol sala en Galicia decantouse de forma merecida polos locais, que suman tres puntos máis na súa marcadora e asíntanse na zona media da táboa.

 

A primeira parte estivo repartida en ocasións e en xogo para ambos os contendentes e foise ao descanso cun 0-0. Os dous equipos loitaron cada balón coma se fose o último, conscientes do que se xogaban, pero o gol non chegou grazas á gran actuación dos dous porteiros.

Co inicio da segunda parte, o equipo de Santi Valladares sacou as súas armas para relucir, tanto no técnico como no táctico. O primeiro gol foi obra de  Christian Chao, tras un disparo cruzado desde fóra da área. Os visitantes non se botaron atrás, pero  Brian puxo distancia no marcador cun gran disparo a media altura. 

A continuación o Noia sacou ao seu quinto home, pero a gran defensa proposta polo Santiago  Futsal conseguiu non só non encaixar ningún gol, se non marcar dous desde longa  ditancia grazas á súa intensidade defensiva a través de  Christian Chao e  Zequi.

En declaracións posteriores ao encontro, o adestrador visitante admitiu a progresión do Santiago  Futsal ao longo da tempada, as ganas coas que afrontaron o partido e lamentou as ocasións desperdiciadas polos seus.

Pola súa banda, Santi Valladares mostrouse feliz co rendemento, a disciplina e a madurez do seu equipo. Noutras declaracións tamén dixo que "A dinámica dos resultados é moi positiva” e que "imos seguir traballando como o viñamos facendo”.