Os dous xogadores do Santiago Futsal foron chamados para disputar dous partidos amigables contra a Selección Nacional de Serbia


Os dous xogadores do primeiro equipo do Santiago Futsal Alberto Mirás e Adrián Rodríguez 'Pirata' foron convocados coa Selección Española Sub-19 para os dous vindeiros encontros amigables que o equipo nacional disputará ante Serbia dentro de dúas semanas.

Ambos xogadores asumen a súa segunda chamada coa Selección Española Sub-19 a presente temporada tras participar nos amigables que o equipo español disputou contra Portugal no mes de Novembro.

A concentración terá lugar o vindeiro luns 13 de Xaneiro namentras que os partidos se celebrarán os días 15 e 16 na localidade de Gornji Milanovac de Serbia.