Afronta dobre xornada como local nos seus encontros ante Colo Colo Zaragoza e El Pozo Ciudad de Murcia
Este domingo reciben a un rival directo na loita pola permanencia 
Rebaixa no prezo das entradas á metade de para os dous encontros


Finalizada a 12ª xornada da Segunda División da LNFS, o Santiago Futsal retoma este martes as sesións de traballo coa mente posta na dobre cita que os santiagueses asumirán como locais nas dúas primeiras semanas de Decembro. A primeira delas; de importancia vital nas aspiracións celestes pola permanencia, enfrontaralles o domingo en Santa Isabel ás 12.30h ao Colo Colo Zaragoza. 

Os galegos saben da relevancia que adquiren os tres puntos en xogo na 13ª Xornada que se disputa este domingo debido á máxima igualdade entre os conxuntos da zona baixa da táboa, con apenas catro puntos de diferenza entre o penúltimo clasificado; o Colo Colo Zaragoza (9 puntos) e o décimo segundo Rivas Futsal (12 puntos). O Santiago Futsal, situado na 14ª posición (10 puntos), aférrase aos bos resultados cultivados no feudo santiagués para separarse dun rival directo como é o conxunto zaragozano. 

Na 14ª xornada o Santiago Futsal repetirá como local no seu encontro ante o filial murciano El Pozo Ciudad de Murcia. O domingo 16 de Setembro ás 12:30h volverá vestir a elástica celeste coa intención de sumar un triunfo máis en Santa Isabel. 

Debido á celebración dos dous encontros de forma consecutiva como local, o club aproveita para facer un chamamento á afección santiaguesa para que o plantel celeste conte cun gran apoio por parte da bancada nos partidos ante Colo-Colo Zaragoza e El Pozo Ciudad de Murcia. Por iso, rebaixa o prezo das entradas á metade. Os afeccionados que no sexan socios do Santiago Futsal poderán asistir aos dous encontros polo prezo de 10€ (5€ por partido), namentras que los menores de idadade poderán acceder por 4€ e 2€, en función da categoría xuvenil ou infantil.