O Santiago  Futsal afronta o seu derbi contra o Noia  Portus  Apostoli centrado en levar os tres puntos e seguir escalando posicións na táboa de clasificación, sendo conscientes durante toda a semana da importancia do choque.


En declaracións previas ao partido, o adestrador Santi Valladares destacou a seguridade que lle xera a súa propia escuadra debido a que "O equipo madurou na categoría e iso é o froito de todo o traballo desenvolto”.
A boa dinámica  de resultados, sumado a que a día de hoxe todos os xogadores están dispoñibles expón ao míster un dilema á hora de decidir a convocatoria debido a que o grao de competencia é máximo.
Sobre o seu rival mañá, o Noia  Portus  Apostoli, o adestrador compostelán asegurou que  "É un gran equipo que neste mercado de inverno fixo un investimento importante e conta con xogadores de moito nivel”


Lembrar que o partido foi declarado como día do Club e os abonados maiores de idade terán que pagar 5€, estando exentos os abonados xuvenís e infantís. 
Doutra banda o público xeral  terá un prezo de 10 € e para os menores de idade o prezo é de 5€ Xuvenil (14-17 anos) e 2€ Infantil (4-13 anos). 
As entradas estarán dispoñibles no despacho de billetes de Santa Isabel e o Club recomenda asistir con tempo para evitar aglomeracións na entrada. No descanso, ademais do tradicional xogo relacionado coa reciclaxe, sortearanse 2 vales de 50 € para a Praza de Abastos.


Destacar que, ao final do encontro, entregarase o premio ao " Xogador Ó  Xeito  do partido”, patrocinado pola Autoescola "Ó  Xeito”. Esta iniciativa, que se realizará a través dos votos dos medios de prensa acreditados no partido, recoñecerá o xogador máis determinante do choque.


Por último lembrar que o partido será retransmitido en directo na páxina web dá  RTVG e en diferido a partir das 20:15 na TVG2. Tamén se emitirá en directo a través da plataforma de  streaming da LNFS.