Despois do gran partido realizado o sábado en Santa Isabel, o Santiago  Futsal xa comezou a semana de adestramentos para preparar o seu partido contra o Manzanares  FS. 

A vitoria, que se produciu faltando un minuto para o final e contra un  FC Barcelona  Lassa  B que viña de puntuar no seu últimos seis partidos deixa ao equipo santiagués a 13 puntos do descenso, o que lle permite disputar o que queda de competición ligueira con máis confianza e abrazar todo o bo que se cruce no seu camiño.

Os rivais desta xornada, situados na parte alta da clasificación e que unicamente perderon dous partidos en casa, queren afianzar a súa candidatura aos  playoff e non llo poñerán nada fácil aos santiagueses despois de perder como locais a xornada anterior contra o Pecados Rubén Burela (3-5).

Os celestes sairán este venres ás 12 do mediodía cara a Manzanares e a chegada está prevista para as 21:00 horas. O sábado pola mañá haberá activación e sesión de vídeo para preparar o choque que se disputará ás 18.15 no Polideportivo Municipal de Manzanares.

A volta do conxunto celeste está prevista ás 20:30, despois do partido, coa consecuente chegada a Santiago de Compostela á primeira hora do domingo.