O club santiagués súmase ás actividades benéficas organizadas pola Asociación Galega de Policía 


O Santiago Futsal deixará ao carón a competición doméstica para unirse á Asociación Galega de Policía e ás actividades que organizan en favor dos colectivos máis necesitados. A escuadra celeste participará nun significativo amigable xunto a Agapol este martes ás 20.30h en Santa Isabel cuxa recadación se destinará a Cáritas Santiago. A entrada é de balde e realizaranse diversos sorteos nos que o prezo das rifas será de 3€.

Desde o Santiago Futsal convidamos a todos os nosos seguidores a acudir ao encontro e apoiar dita causa solidaria. 

No ámbito plenamente deportivo; o conxunto que dirixe Santi Valladares afronta unha semana na que repetirá como conxunto local ante El Pozo Ciudad de Murcia o domingo ás 12:30h; encontro que será o último partido do Santiago Futsal en Santa Isabel este ano 2018. Tras a ampla vitoria do domingo ante Colo Colo Zaragoza (6-1) os de Santiago aséntanse fóra dos postos de descenso con 13 puntos no seu contador.