Santiago Futsal regresa a Santa Isabel con plena confianza para sumar unha importante vitoria ante Manzanares FS (19h, PM Santa Isabel) 
Os santiagueses sumaron un punto na súa visita ao filial FC Barcelona B na pasada xornada de Liga (1-1) 


Atrás queda o último encontro na casa do Santiago Futsal que os celestes disputaron ante Pescados Rubén Burela FS, actual líder a Segunda División. Tras o valioso empate da pasada fin de semana no Joan Gamper contra un dos filiais da categoría FC Barcelona B (1-1), o Santiago Futsal prepárase para recibir ao Manzanares FS; equipo que se atopa nun gran momento de forma. O encontro disputarase o sábado ás 19 h no Municipal de Santa Isabel. 

O míster Santi Valladares analizou ao seu rival de mañá Manzanares FS en rolda de prensa previa ao partido do que dixo "É un equipo dos máis complicados da categoría; chegan de empatar na cancha do líder e a súa posición na táboa non é por casualidade”. En canto á súa forma de xogo, o míster destacou o seu "defensa en metade de cancha que é moi difícil de atacar”. 

Segundo o técnico do Santiago Futsal os celestes chegan á 9ª Xornada de Liga "confiados despois do partido de Copa Galicia e do empate en Barcelona onde o equipo fixo un traballo moi completo a nivel defensivo”. Outro aspecto importante para o equipo é que finalizaron as dobre citas semanais, e agora terán "semanas amplas de adestramento para matizar conceptos a nivel defensivo e ofensivo”. 

Ás portas da 9ª Xornada de Liga a Segunda División vaise tornando cada vez igualada e competida "están a darse resultados bastante raros, pero en Segunda é habitual. Estamos ante unha división competida e potente” destacou Valladares. 

O persoal santiagués non poderá contar con Everton e Jorge Montiel para o encontro ante Manzanares FS. Os que si estarán disponibles para o encontro de mañá serán Alberto Mirás e Adrián Rodríguez 'Pirata' que regresaron de súa convocatoria coa Selección Española de Fútbol Sala Sub-19.
Este será o segundo encontro que o Santiago Futsal dispute a tarde dun sábado. A entrada será de balde para os abonados mentres que o prezo das entradas para non abonados será de 10€ Adulto, 5€ Xuvenil e 2€ Infantil. 


Fotografía: El Correo Gallego