Visitan a domicilio ao Software DO SOL Mengíbar o sábado ás 18.30 h 
A vitoria ante CD Rivas Futsal referendou a melloría do equipo celeste 
Viaxe en autobús a noite do xoves e sesión de traballo o venres en Mengíbar


Facía falta unha vitoria moral para que as sensacións tornásense a positivas. O equipo santiagués deu todo de si ante Manzanares FS e Gran Canaria FS pero só un gol frustrou as opcións celestes de acadar  a ansiada terceira vitoria. E esta chegou o domingo, vestindo de negro nunha ocasión especial, ante un rival directo como CD Rivas Futsal (3-1). Os tres goles anotados no primeiro acto foron suficientes para que os tres puntos se sumaran á conta celete, que aumenta a 10 os puntos do seu contador e sitúaos fóra dos postos de descenso. 

A próxima proba que se presenta ante os galegos será de maior esixencia. Visitan ao 4º clasificado, Software DO SOL Mengíbar o sábado ás 18.30 h no Sebastián Moya Lorca. O plantel viaxará a noite do xoves en autobús e realizará unha última sesión de adestramento o venres en Mengíbar antes de enfrentarse á cita da 12ª Xornada de Liga.