O club pon á venda as participacións da Lotería de Nadal que se celebrará o vindeiro 22 de Decembro 
As participacións pódense adquirir nas oficinas do Santiago Futsal ou no pavillón de Santa Isabel os días de partido 


Xa está á venda a Lotería de Nadal do Santiago Futsal para este ano 2018. O club xoga a un único número, o 91.191. Cada participación terá un valor de 5€, dos cales 1€ é de donativo para o club. Pódense adquirir nas oficinas do club situadas no Multiusos Fontes do Sar en horario 10h-14h de luns a venres, así como no pavillón de Santa Isabel os días de partido. Os días de partido poñeranse á venda no despacho de billetes do pavillón e na cantina. 

No terreo meramente deportivo, o plantel continua exercitándose coa mente posta no encontro deste sábado, correspondente á 9ª Xornada de Liga ante Manzanares FS (19 h, Santa Isabel). Os celestes xa superaron un dos meses máis complexos do calendario e encaran Novembro con citas ante rivais directos na zona media da táboa. Os de Santi Valladares queren recuperar as boas sensacións dos encontros en casa, despois de cultivar un valioso empate no Joan Gamper ante FC Barcelona B (1-1). 

Mañá terá lugar a rolda de prensa previa do adestrador Santi Valladares, na cal dará a coñecer as baixas do equipo para a cita do sábado.