O plantel santiagués reincorpórase esta tarde ás sesións de traballo 
O sábado visitarán a domicilio a Gran Canaria FS ás 20.30h (19.30h hora insular) 
Canarios e santiagueses veranse as caras por primeira vez en Segunda División 


A base de traballo duro supérase calquera dinámica negativa, e isa é a principal premisa para o plantel santiagués. Tres días despois de disputar o encontro da 9ª Xornada de Liga ante Manzanares FS, que finalizou coa vitoria visitante por un axustado 0-1, os celestes retomarán esta mesma tarde as sesións de adestramento. Coa mente posta na cita do sábado ante Gran Canaria FS, rival directo nas aspiracións santiaguesas pola permanencia, prepararán un encontro que se presume transcendental dada a igualada situación entre os conxuntos da zona media-baixa da táboa. 

O sábado ás 20.30h (19.30 hora insular) enfrontaranse ao Gran Canaria FS no pavillón Centro Insular. Dous conxuntos que a pasada temporada descenderon da Primeira á Segunda División, e que aínda se están adaptando á categoría; distan soamente un punto na táboa, situados na 13ª e 15ª posición, respectivamente. Por iso, o encontro adquire unha gran importancia para o progreso de ambos os conxuntos.