O club Santiago Futsal realizou a súa fotografía oficial da temporada 2017-2018 antes de que se disputase o encontro do pasado venres ante ElPozo Murcia 
Máis de 150 xogadores compoñen os 14 equipos dunha das canteiras máis eloxiadas do fútbol sala de España


O club santiagués organizou, o pasado venres, o que foi o seu "día do club”. E iso non se refire a que houbo que pagar a entrada para acceder ao encontro, senón por que foi o día da familia santiaguesa. O día no que os 15 equipos equipos que compoñen o organigrama do club santiagués xuntáronse para retratarse na habitual fotografía anual. 

Ao redor de 150 xogadores de base e 15 monitores; acompañados dos 15 xogadores do primeiro equipo, corpo técnico e directiva do club, déronse cita a tarde do venres para fotografarse conxuntamente e cubrir oficialmente a páxina da temporada 2017-2018. Un curso deportivo que conta co apoio empresas como Hyupersa Hyunday Santiago e Domino' s Pizza, patrocinadores dos equipos base do Santiago Futsal. 

No descanso do encontro do pasado venres ante ElPozo Murcia tamén se realizou a presentación oficial de todos e cada uns dos equipos que compoñen as categorías inferiores do club: Filial Santiago Futsal B Alex Verdejo, Xuvenil Palmas, Cadete Hugo Sánchez, Cadete Antonio Diz, Infantil Catela, Infantil Armando, Alevín Velasco, Alevín Thiago, Alevín Alex Diz, Benxamín Everton, Benxamín Iago Barro, Prebenxamín Santi, Prebenxamín Zequi e Psicomotrocidade Gonzalo e Isma. Un a un, os equipos fóronse presentando e colocando no círculo central da pista do Multiusos para realizarse unha fotografía grupal cos seus monitores. Un día de festa para a base branca; peza fundamental do club, e da súa formación en valores. 

Noutra orde de cousas, o primeiro equipo retomou esta tarde as sesións de traballo nunha semana de parón na competición doméstica pola celebración da Copa de España. O adestrador Santi Valladares e os xogadores Alex Velasco e Juanjo Catela visitaron aos alumnos de 4º e 5º do CIP de Roxos esta mesma mañá, aos que convidaron ao próximo partido na casa do primeiro equipo o venres 30 de Marzo ás 18 h ante Plásticos Romero Cartaxena.