El Club

Información

O lema da nosa campaña de abonados será "ULTREIA, Cara adiante sempre". Ao igual que o escudo a campaña de abonados refírese claramente a nosa cidade e máis en concreto ao Camiño de Santiago. Somos conscientes de que nos tamén iniciamos unha viaxe, que pode ser máis ou menos longa pero que ten un obxectivo claro que é volver a primeira división. Ultreia era o antigo saúdo de ánimo entre peregrinos, un saúdo ao que os historiadores atribúen mçultiples significados, pero que tiñan un denominador común: "segue adiante, non te deteñas”, de aí o noso lema "Cara adiante sempre”. Sabemos que o camino vai ter altibaixos, dificultades, momentos mellores e momentos peores, pero o que non podemos olvidar nunca é que temos que seguir cara adiante e superar todas as adversidades que poidamos atopar.

Con respecto a parte máis práctica da campaña de abonados temos que aclarar varios puntos:


1º- Xogaremos no Pavillón Municipal de Santa Isabel. Eso supón que non imos poder facer máis de 1000 abonados. Por un lado é un condicionante pero por outro é unha garantía de que o ambiente nos nosos partidos vai a ser óptimo. Santa Isabel vaise converter nunha caldeira e iso vai facer que saquemos moitos puntos na casa. Contando cos nenos da base e os pais… sacaremos á venta uns 700 carnés de abonado.


2º- O Concello de Santiago está facendo un esforzó por mellorar o pavillón e que tanto xogadores como afección estén o máis cómodos posibles. Un problema de difícil solución é o do aparcamento, por iso tódolos abonados adultos do club poderán desfrutar dunha oferta especial no Parking  La Catedral: Por só 10€ máis, terán un prezo especial de só 2€ por 5 horas de parking. Dando así tempo non só a ver o partido, senón a desfrutar do entorno de Santa Isabel e da súa oferta gastronómica antes e despois do encontro


3º- Unha vez máis teño que dar a gracias a Mahou, xa que o noso patrocinador agasallará aos 100 primeiros abonados cunha camiseta da nosa campaña de abonados diseñada por Rei Zentolo


4º- A reserva de abonos poderá facerse dende o 1 de agosto nas oficinas do club, as cales seguirán no Multiusos Fontes do Sar en horario de 11h a 14h


5º- Os prezos da campaña de abonados serán os seguintes:
Adulto* - 70€
Universitario / xubilado / parado / federado* - 40€
Xuvenil (14 a 17 anos) - 20€
Infantil (4 a 13 anos) - 10€
Futsalpack (5 carnés) - 250€

*tarifa parking (10€)